Biduedo, Óutara, A Pobra do Brollón
lugar da parroquia de Óutara, no concello da Pobra do Brollón
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Biduedo.
Biduedo é unha aldea da parroquia de Óutara, no concello da Pobra do Brollón, na provincia de Lugo. En 2007 tiña 6 habitantes.
Biduedo | |
---|---|
Parroquia | Óutara |
Concello | A Pobra do Brollón |
Coordenadas | 42°38′02″N 7°22′36″O / 42.6339294, -7.3765794 |
Poboación | 4 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Situación
editarA aldea está xunto á estrada local que une A Pobra do Brollón co Incio (LU-653), sendo a única estrada asfaltada pola que se pode chegar á aldea.
Está situada na beira do río Cabe, a uns 500 m de altitude. Hai varias casas na aldea, das que destacan a Casa de Ferreira, que ten a capela de San Francisco, e a Casa de Manuel María. Preto desta aldea está a cova das Choias.
Lugares e parroquias
editarLugares de Óutara
editarLugares da parroquia de Óutara no concello da Pobra do Brollón (Lugo) | |
---|---|
A Aira Vella | Biduedo | Bruñeira | O Couto | Óutara | Porvenza | O Pumar | A Rúa do Pozo |