Bibopalula

serie musical de animación en galego

Bibopalula é unha serie de televisión galega de animación de 2024. Creada por Laura e Andrés Mahía, considérase a primeira serie musical de animación en lingua galega.[2][3] Emítese a través da plataforma dixital do Xabarín Club, da TVG e os primeiros 20 episodios estreáronse o 29 de novembro de 2024. Os seguintes 20 episodios da serie estreáronse o 21 de decembro de 2024.[4] A serie conta con 55 cancións que foron compostas por Santi Jul e Iván Laxe.[3]

Bibopalula

A frauta de Robin, personaxe da serie Bibopalula. Editar o valor en Wikidata
FormatoInfantil, musical e animación
Creado porAndrés Mahía[1]
Desenvolvido porUndodez
Televisión de Galicia[1]
Dirixido porLaura Mahía[1]
IntérpretesIria Lamas
Marta Lado
Laura Mahía
Marita Martínez
Melania Cruz
Xosé Antonio Touriñán[1]
País de orixeGalicia Galicia
Lingua(s)Galego
Temporadas1
Episodios40
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Álvaro Pérez Becerra
Javi Lopa
Andrés Mahía
Xosé Antonio Touriñán[1]
Duración5 minutos
DistribuidorTVG
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG (Xabarín Club)
Primeiro episodio29 de novembro de 2024
Derradeiro episodiopresente
Na rede
https://bibopalula.gal
IMDB: tt35269133 Spotify: 0fRysU1ucXaQbrNg3WkePu Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sinopse

editar

Bibopalula conta as aventuras da Banda do Bosque e a súa descuberta dos ciclos naturais do bosque,[1] como a chegada do inverno ou a migración das cegoñas, acompañadas de cancións. Os personaxes principais son catro paxaros, un paporrubio, un merlo, unha pega e un picapau, que forman un grupo de música.

Personaxes

editar

Episodios

editar
  • Capítulo 1: O nacemento da banda
  • Capítulo 2: A canción das cores
  • Capítulo 3: A poza
  • Capítulo 4: O telescopio
  • Capítulo 5: O ovo máis grande do mundo
  • Capítulo 6: A carriola
  • Capítulo 7: O globo
  • Capítulo 8: O agasallo da Señora Curuxa
  • Capítulo 9: Onde está a miña voz?
  • Capítulo 10: A chegada dos birrios
  • Capítulo 11: A néboa
  • Capítulo 12: O Titanic
  • Capítulo 13: O terremoto
  • Capítulo 14: O anel
  • Capítulo 15: O papaventos
  • Capítulo 16: As estrelas
  • Capítulo 17: As delicias das silveiras
  • Capítulo 18: Bubi, a bubela rebelde
  • Capítulo 19: A árbore do medo
  • Capítulo 20: O furacán
  • Capítulo 21: A primeira vez
  • Capítulo 22: Que lle pasa a Carpin?
  • Capítulo 23: A canción do vento
  • Capítulo 24: As nubes
  • Capítulo 25: O parrulo perdido
  • Capítulo 26: A eclipse
  • Capítulo 27: A postal
  • Capítulo 28: O merlo branco
  • Capítulo 29: O concerto no campanario
  • Capítulo 30: O paxaro metálico
  • Capítulo 31: Ata pronto!
  • Capítulo 32: O gran festival
  • Capítulo 33: Cantar falando
  • Capítulo 34: Vaia comedia!
  • Capítulo 35: Un día aburrido
  • Capítulo 36: A neve
  • Capítulo 37: Patinaxe sobre xeo
  • Capítulo 38: Burbullas
  • Capítulo 39: Festival de inverno
  • Capítulo 40: A guitarra de xeo
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 undodez.gal (ed.). "UNDODEZ E TELEVISIÓN DE GALICIA Bibopalula". Consultado o 14 de decembro de 2024. 
  2. nosdiario.gal, ed. (6 de decembro de 2024). "'Bibopalula', a primeira achega ao galego e á música para as crianzas no Xabarín". Consultado o 14 de decembro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 cadenaser.com, ed. (29 de novembro de 2024). "Bibopalula. Laura Mahía e Andrés Mahía". Consultado o 14 de decembro de 2024. 
  4. @bibopalula_gal, ed. (21 de decembro de 2024). "O mellor plan para estas vacacións son os 20 novos capítulos de Bibopalula, que xa podes desfrutar en @XabarinGal e na aplicación do Xabarín". Consultado o 21 de decembro de 2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar