Bibiano
Bibiano Adonis Morón Giménez, máis coñecido como Bibiano, nado en Santiago de Compostela o 21 de decembro de 1950 e finado en Vigo o 28 de decembro de 2016, foi un músico e compositor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1950 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 28 de decembro de 2016 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | músico, compositor ![]() |
Xénero artístico | Canción protesta ![]() |
Familia | |
Pai | Adonis Morón Silva ![]() |
Sitio web | bibiano.org ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Adonis Morón Silva. Iniciouse na canción galega comprometida no ano 1970, nos derradeiros tempos de Voces Ceibes. O seu primeiro concerto foi no colexio do Opus Dei "La Estila" de Santiago nese mesmo ano. Incorporouse á nova canción galega nos anos do fin do franquismo.
Foi especialmente famoso o concerto que deu acompañado polo tamén membro de Voces Ceibes Benedicto García Villar o 25 de xuño de 1976 no Pavillón dos Deportes da Coruña. O concerto, en solidariedade co dirixente comunista Santiago Álvarez, preso no penal de Carabanchel, converteuse nun acto de reivindicación galeguista e nun dos fitos culturais máis importantes da transición en Galicia.[1]
A súa achega foi incorporar percusión e instrumentos eléctricos (fundamentalmente a guitarra eléctrica) na canción galega, que até entón só era de voz e guitarra española.
Deu moitos concertos con Vicente Araguas e foi militante moito tempo de CCOO. Máis tarde trasladouse a Vigo, onde rexentou unha discoteca. Gravou varios discos. Nos últimos anos dedicouse á produción de eventos musicais en Vigo e rexentou un céntrico restaurante dende 1990 ata 2009.
Discografía
editarÁlbums
editar- Estamos chegando o mar (1976)
- Alcabre (1977)
- Aluminio (1979)
EP
editarNotas
editar- ↑ Redacción (28 de decembro de 2018). "Falece Bibiano, o verso máis libre dos Voces Ceibes". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2018. Consultado o 30 de novembro de 2018.
- ↑ ""Fallece Bibiano Morón, el gran productor musical de la Movida de Vigo"". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2016. Consultado o 28 de decembro de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarBibliografía
editar- Rego, Carlos (2025): Bibiano. Cambiar para ser un mesmo. Vigo: Galaxia. 172 páxs. ISBN 978-84-1176-371-4.