Betty Boop

Personaxe de debuxos animados

Betty Boop é unha personaxe de debuxos animados que apareceu nas series de filmes Talkartoon e Betty Boop, producidas por Max Fleischer e distribuídas pola Paramount Pictures en 1931.[1] Hoxe, Betty é considerada unha das personaxes dos debuxos animados máis coñecidos do mundo e considerada a raíña dos debuxos animados da década de 1930.

Betty Boop
Personaxe de Serie de debuxos animados "Betty Boop"

Versión coloreada da Fig. 1 da solicitude de patente dos EUA D86224 "Design for a Doll or similar article".
Primeira aparición 1930
Última aparición Continúa en merchandising e cameos
Creador(es) Max Fleischer
Voz orixinal Mae Questel, Margie Hines, e outras
Información
Nome orixinal Betty Boop
Raza Humana
Sexo Feminino
Cor de pelo Negro
Cor de ollos Grandes e expresivos
Ocupación Cantante e actriz
Nacionalidade Estadounidense
Rosa da variante Betty Boop.

Betty tiña un xeito de moza independente e provocadora, sempre con minisaia e as pernas fóra, exhibindo unha liga. Foi en 1930 cando a personaxe inmigrante xudaica[Cómpre referencia] comezou a súa "carreira", en Dizzy Dishes, inspirándose nas divas desta década, ao son do jazz (Big Bands). Mais Betty Boop fíxose famosa cando interpretou "Boop-Oop-a Doop-Girl", de Helen Kane, e, así, entrou na historia, participando en máis de 100 animacións.

Helen Kane e Betty Boop, caracterizada antes do seu cambio a debuxos infantís.
The Hot Air Salesman

É unha das personaxes símbolo do parque temático Port Aventura en Tarragona. Na década de 1990 foi introducida no mercado unha rosa chamada Betty Boop en honor ao debuxo animado.[2]

Orixes

editar

Betty Boop fixo a súa primeira aparición o 9 de agosto de 1930, en Dizzy Dishes, o sexto na serie Talkartoon de Fleischer. Aínda que a actriz Clara Bow fora o modelo para Betty, ela realmente comezou coma unha caricatura da cantante Helen Kane. Na súa primeira aparición, a personaxe foi creada orixinalmente coma unha especie dun poodle francés humanoide. Após a súa primeira aparición, Betty Boop foi redeseñada como unha personaxe humana en 1932, nos debuxos Any Rags. As súas orellas moles de poodle tornáronse pendentes de argola, e o seu nariz negro canino pasou a ser nariz humano. Betty Boop apareceu coma un personaxe coadxuvante en dez debuxos animados coma unha rapaza flapper, ou sexa, unha moza ben amañada vestindo saia curta.

Durante as primeiras aparicións, a voz de Betty foi feita por Margie Hines. Alén desta, a voz da Betty foi feita por varias actrices, coma Kate Wright, Bonnie Poe, Ann Rothschild (tamén coñecida como Little Ann Little), entre outras. A voz máis coñecida de Boop foi Mae Questel, que a interpretou en varias curtametraxes, desde 1931 até 1938, e tamén fixo a voz da personaxe no filme Quen enganou a Roger Rabbit? en 1988 e no filme de Felix the Cat (Felix the Cat: The Movie), en 1991. Hoxe en día a súa voz é dobrada polas actrices Cindy Robinson, Sandy Fox, Cheryl Chase e Tara Strong. En 1932, Betty Boop gañou o seu papel e os seus propios debuxos na curtametraxe Stopping the Show, onde aparece coma protagonista.

Código de Produción de 1934

editar

En 1934, as curtametraxes de Betty Boop sufriron alteracións por mor do código de produción que censurou algunhas características, porque antes as curtametraxes eran dirixidas ao público adulto.

Desde o día 1º de xullo de 1934, o código de produción suxeriu que Max Fleischer alterase as características dos seus debuxos e a aparencia da personaxe. Desde entón, Betty deixou de usar roupas moi curtas e pasou a vestir un vestido, ou calquera roupa que cubrise o seu corpo até o pescozo, inclusive que os seus cabelos pasaron a ter menos rolos. Betty tornouse nunha solteira politicamente correcta, posuíndo unha personalidade máis responsábel e máis seria. O código non permitía que a personaxe e un can chamado Bimbo tivesen unha relación amorosa, que sería considerado zoofilia, pois na curtametraxe Betty Boop's Little Pal (1934) Betty pasou a ter un cachorro común chamado "Pudgy" como seu animal de compaña. Dende entón, as súas curtas pasaron a ter historias centradas no público infantil.

En 1939, a produción das curtametraxes de Betty Boop foron fechadas, pois a súa última aparición foi na curta "Rhythm on the Reservation".

  1. Creada en 1931 por Max Fleischer, xurdía a heroína Betty Boop Folla de São Paulo
  2. "Rosa 'Wekplapic' BETTY BOOP - Plant Finder". www.missouribotanicalgarden.org. Consultado o 2025-01-13. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar