Bertrand Blier
Bertrand Blier, nado en Boulogne-Billancourt o 14 de marzo de 1939 e finado en París o 20 de xaneiro de 2025,[1] foi un director de cinema, guionista e actor francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1939 Boulogne-Billancourt, Francia |
Morte | 20 de xaneiro de 2025 (85 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montmartre (2025–) |
Altura | 1,79 m |
Actividade | |
Campo de traballo | Filme e cine |
Ocupación | director de cinema, actor de cinema, realizador, escritor, guionista, guionista de cinema |
Período de actividade | 1963 - 2022 |
Familia | |
Cónxuxe | Farida Rahouadj Catherine Blier-Florin Françoise Vergnaud |
Fillos | Leïla Blier () Léonard Blier () Béatrice Blier () |
Pais | Bernard Blier e Gisèle Brunet |
Irmáns | Brigitte Blier |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarO seu filme de 1978 Préparez vos mouchoirs gañou o premio ó mellor filme en lingua non inglesa na 51ª edición dos premios.[2] En 1981 dirixiu o controvertido Beau-père, na que relata a historia do romance entre un home maior e a súa fillastra de 14 anos. O actor Patrick Dewaere protagonizou a cinta, nunha das súas últimas aparicións no cinema francés antes de suicidarse.
Bertrand era fillo do famoso actor Bernard Blier. O seu filme de 1996 Mon Homme participou na edición 46 do Festival Internacional de Cinema de Berlín.[3] O filme de 2005 Canto me amas? formou parte da selección presentada na edición 28 do Festival Internacional de Cinema de Moscova, onde gañou o premio Silver George ó mellor director.[4]
Notas
editar- ↑ "France's arch film provocateur Blier dies at 85". France 24 (en inglés). 21 de xaneiro de 2025. Consultado o 21 de xaneiro de 2025.
- ↑ "The 51st Academy Awards (1979) Nominees and Winners". Consultado o 7 de xuño de 2013.
- ↑ "Berlinale: 1996 Programme". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ "28th Moscow International Film Festival (2006)". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2013. Consultado o 21 de abril de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bertrand Blier |
Ligazóns externas
editar- Bertrand Blier na IMDb (en inglés).