Bernardo Pasquini
Bernardo Pasquini, nado en Massa o 7 de decembro de 1637, finado en Roma o 22 de novembro de 1710, foi un compositor italiano de ópera e música relixiosa.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de decembro de 1637 ![]() Massa e Cozzile, Italia (pt) ![]() ![]() |
Morte | 22 de novembro de 1710 ![]() Roma, Italia ![]() |
Lugar de sepultura | San Lorenzo in Lucina (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | organista, compositor, clavicembalista ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Ópera ![]() |
Movemento | Música barroca ![]() |
Profesores | Loreto Vittori (pt) ![]() ![]() |
Alumnos | Francesco Gasparini, Tommaso Bernardo Gaffi (pt) ![]() ![]() ![]() |
Instrumento | Órgano, órgano, instrumento musical e Clavicémbalo ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarBernardo Pasquini naceu en Massa, Val de Nievole, Toscana. Foi alumno de Antonio Cesti e de Loreto Vittori. De novo viaxou a Roma e entrou no servizo do Príncipe Borgia. Logo foi nomeado organista da Basílica Santa María Maggiore. Tivo a protección da raíña Cristina de Suecia, a quen lle compuxo en 1679 a ópera Dov'é amore é pieta ("Onde están o amor e a piedade").
Durante a segunda estadía de Alessandro Scarlatti en Roma (1703-1708), Pasquini e Arcangelo Corelli xuntáronse frecuentemente con el para interpretar música, especialmente grazas á Academia Arcadia, da cal os tres eran membros.
É recordado como un vigoroso compositor de obras para clave. Durante os seus últimos anos de vida foi mestre de Domenico Zipoli. Pasquini expirou en Roma, e foi enterrado na igrexa de San Lorenzo in Lucina
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- [1] Recursos gratis de Bernardo Pasquini no Werner Icking Music Archive