Bernardo Buontalenti
Bernardo Buontalenti, nado en 1536 en Florencia e finado na mesma cidade o 6 de xuño de 1608, foi un dos máis grandes artistas da Toscana; foi á vez arquitecto, escultor e pintor. Aprendeu a pintar con Vasari, quen o marcaría.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de decembro de 1531 ![]() Florencia (República de Florencia) ![]() |
Morte | 6 de xuño de 1608 ![]() Florencia, Italia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor, escultor, enxeñeiro, arquitecto, mestre ![]() |
Período de actividade | 1545 (Gregoriano) ![]() ![]() |
Profesores | Francesco Salviati e Giorgio Vasari ![]() |
Alumnos | Giulio Parigi (pt) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() |

Traxectoria
editarBuontalenti entrou ao servizo dos Médici cando novo e seguiría con eles o resto da súa vida. En 1562 viaxou a España. A súa primeira obra coñecida, en 1568, foi o Palazzo de Bianca Cappello en Florencia.
As súas obras máis importantes foran o proxecto para a nova cidade de Livorno, a decoración do Palacio Pitti en Florencia e a ornamentación dos Xardíns de Boboli, así como o Parco di Pratolino coa colosal escultura dos Apeninos. A súa habilidade como enxeñeiro móstrase nas obras do porto de Livorno, o Forte de Belvedere, as murallas de Pistoia, Grosseto, Prato, Portoferrato e Nápoles; tamén perfeccionou canóns e preparou un novo tipo de granada incendiaria.
Nos Uffizi de Florencia construíu unha nova ala, durante o inverno de 1585-86, onde preparou espléndidas festas. Deseñou ademais traxes para as extravagancias dos Médici. A pesar destes éxitos, a súa prodigalidade levou Buontalenti á ruína, sobrevivindo nos seus últimos anos mercé a unha pensión que lle doou o Grande Duque da Toscana.