Bernaldo

nome masculino
(Redirección desde «Bernal»)

Bernaldo[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o xermánico *bera(n) ‘oso’, *baira ‘xabarín’ ou beran ‘traer, levar’. A segunda parte é hardus ‘forte, duro’.[2] En galego tamén ten as variantes Bernal[3] ou Bernardo.[4]

En xaneiro de 2023 non había persoas rexistradas coa variante Bernaldo, mais si como Bernal, con 16 persoas rexistradas e unha media de idade de 25,8 anos.[5] A variante Bernardo contaba con 946 persoas con ese nome e unha media de idade de 58,4 anos.[6]

Historia do seu uso

editar

O nome chegou ao galego polos francos, e ten presenza nos textos galegos no século XI.[2] Persoas ilustres que teñen este nome foron Bernaldo de Claraval (1090-1153) frade borgoñón considerado o segundo fundador da orde do Císter, e Bernal de Bonaval, un segrel compostelán do século XIII.

Hipocorísticos

editar

O nome ten os seguintes hipocorísticos en galego: Nardo, Narducho, Nucho, Naro.[2]

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 6 de maio de 2024. 
  4. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 6 de maio de 2024. 
  5. Nome Bernal na Web do Intituto Galego de Estatística
  6. Nome Bernardo na Web do Intituto Galego de Estatística

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar