Benjamín Álvarez Fernández
Benjamín Álvarez Fernández, nado na Fonsagrada en 1905 e finado en Lugo en 1979, foi un mestre, procurador e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 A Fonsagrada, España |
Morte | 1979 (73/74 anos) Lugo, España |
Procurador en Cortes | |
12 de maio de 1946 – 1 de outubro de 1947 – Eduardo García Rodríguez → Lexislatura: II lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946 Lexislatura: I lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde da Fonsagrada | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | mestre, político |
Traxectoria
editarMestre, exerceu como procurador dos tribunais e secretario xudicial municipal. En 1932 foi un dos organizadores do Comité de Dereitas da Fonsagrada. Ingresou en Falange en abril de 1936, organizou a Falange local da Fonsagrada manténdose no mando ata outubro de 1938, cando foi destinado á xefatura local de Sarria. Participou na guerra civil española combatendo no bando nacional. Foi primeiro tenente de alcalde do concello da Fonsagrada dende decembro de 1936 e Delegado Comarcal de Prensa e Propaganda dende xullo de 1937. Foi nomeado Secretario Provincial de Falange Española Tradicionalista y de las JONS por Ramón Ferreiro Rodríguez. En xuño de 1942 renunciou ao cargo de concelleiro, pero o 28 de outubro o gobernador civil Ramón Ferreiro nomeouno terceiro tenente de alcalde da Fonsagrada, o que lle permitiu ser elixido procurador nas Cortes Españolas representante dos concellos da provincia de Lugo o 1 de novembro de 1942. Permaneceu como procurador durante dúas lexislaturas do período franquista. Xestionou entre os concelleiros da provincia de Lugo unha homenaxe de «reconocimiento y adhesión a nuestro glorioso caudillo y jefe del estado» con motivo da promulgación da Lei de Bases do Réxime Local.[1]
Notas
editar- ↑ Xaime López Arias LEMOS: Concelleiros rebeldes con Franco 13 de novembro de 2004. Arquivado 11 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- López Rodríguez, Pilar; Baz Vicente, Mª Jesús (2008). "Una aproximación a Falange en la provincia de Lugo (1936-1942)" (PDF). En Universidade de Santiago de Compostela. A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostela. pp. 195–219. ISBN 978-84-9887-000-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de maio de 2021. Consultado o 10 de setembro de 2022.
- Presas Sobrado, Adrián (2019). "Unha Falanxe decidida: a necesidade de controlar o poder provincial. O caso da provincia de Lugo". Elites políticas e poder local na Galicia urbana (1939-1951) (PDF) (Tese). Universidade de Vigo.
Predecesor: ? |
Alcalde da Fonsagrada ? - 1943 |
Sucesor: ? |