Benito Paradela Nóvoa
Benito Paradela Nóvoa, nado en Poutás de Arriba (Amoeiro) o 22 de outubro de 1887 e finado en Madrid o 23 de outubro de 1936, foi un relixioso, historiador e arquiveiro galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1887 Amoeiro, España |
Morte | 23 de outubro de 1936 (49 anos) Vallecas, España |
Causa da morte | execución extraxudicial, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | relixioso, historiador, arquiveiro |
Enaltecemento | |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Diccionario bio-bibliográfico de escritores |
Traxectoria
editarPasou a infancia xunto ao Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo nos Milagres do Medo (Vide, Baños de Molgas), da orde dos Padres Paúles. Alí estudou Latín e Humanidades, e o 29 de agosto de 1907 ingresou na Congregación da Misión.
Estudou Filosofía e Teoloxía en Madrid, e recibiu o presbiterado o 21 de setembro de 1916. Foi destinado como docente ao colexio de Limpias (Cantabria), onde deu clase de Historia da Literatura, Historia de España, Xeografía e Lexislación mercantil. Permaneceu alí até o seu traslado a Madrid en 1922 logo de que o seu superior Joaquín Atienza, solicitase que se fixese cargo do arquivo. Amais de organizar o arquivo e a biblioteca da casa provincial dos misioneiros paúles, procurou aumentala. A súa vocación de investigador e historiador levouno a París, Barcelona, Palma ou Valencia co fin de reunir material para escribir a historia da Congregación da Misión en España. Consérvanse copias manuscritas por el de documentación desaparecida durante a guerra civil española. En 1928 foi nomeado director da revista Anales de la Congregación de la Misión y de las Hijas de la Caridad.
O 23 de outubro de 1936 foi asasinado en Vallecas. En novembro de 2017 foi beatificado[1].
Obras
editar- Resumen histórico de la Congregación de la Misión en España desde 1704 a 1868 (Madrid: Hernández y Galo Sáez, 1923)
- Los Visitadores de la Congregación de la Misión y Directores de las Hijas de la Caridad en España Tomo I: Apuntes biográficos (Madrid: Huérfanos, 1928)
- Centenario de los PP. Paules en Madrid. Libro conmemorativo en el que se narra el crecimiento de los Misioneros y de las Hijas de la Caridad por ellos dirigidas (Madrid: Voluntad, 1928)
- El Santuario de Nuestra Señora de los Milagros (apuntes históricos) (Madrid: Librería Puga, 1929)
- El P. Hilario Casabosca. Notas biográficas y extracto de algunas de sus cartas familiares (Madrid, 1929)
- Un gran pedagogo desconocido. Apuntes biográficos del P. Julián González de Soto (Madrid: Cleto Vallinas, 1930)
- Colección de documentos para la Historia de la Congregación en España. Tomo I (1702-1835) (Madrid, 1932)
- Notas biográficas de los que han pertenecido a la Congregación de la Misión en España. Tomo I (1695-1835) (Madrid: Cleto Vallinas, 1935)
- "El P. Feijóo. Sus ideas y su tiempo", en Vida Gallega
- "Apuntes para la historia del culto de la Virgen en España", en Anales de las Hijas de Madrid
- "España y la Inmaculada", en La Inmaculada de la Medalla Milagrosa
Colaborou tamén con artigos sobre documentos da igrexa e monumentos da provincia de Ourense no Archivo Histórico Nacional e no Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Artísticos e Históricos de Orense, nº 175, 178, 212, 214, 216 e 226 (1927, 1928, 1933, 1934 e 1936).
Notas
editar- ↑ Fina Ulloa (12 de novembro de 2017). "La Diócesis de Ourense incorpora a dos nuevos beatos". La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, A. (1954). "PARADELA NÓVOA, Benito". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 18-19.
- "Paradela Nóvoa, Benito". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.