Benito Castro Nogueira
párroco galego
Benito Castro Nogueira, nado en 1923 en Aldán e finado en Cangas o 27 de outubro de 2010, foi un párroco galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1923 Aldán, Cangas |
Morte | 2010 Cangas |
País de nacionalidade | Galega |
Actividade | |
Ocupación | Párroco |
Traxectoria
editarComezou sendo párroco no ano 1957, na igrexa da Inmaculada Concepción, daquela situada no número 58 da Avenida de Ramón Nieto de Vigo. Foi artífice do levantamento da actual igrexa da Inmaculada Concepción, coñecida popularmente coma "Os Picos". Foi moi querido polos fregueses e deu acubillo no templo as asembleas de traballadores na etapa final do franquismo, o que fixo que fora vixiado pola policía da época.
Recoñecementos
editarEn 1993 déuselle o seu nome á segunda travesía da rúa de Toledo da cidade de Vigo, detrás da igrexa da Inmaculada Concepción.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Antomil Pérez, Daniel (2016). Ediciones Cardeñoso, ed. De los nombres de las calles de Vigo. Vigo. p. 59. ISBN 978-84-8190-844-2.
Ligazóns externas
editar- Adiós al cura de "Los Picos" Faro de Vigo(en castelán)