Benigno Salgado Vázquez
farmacéutico e xornalista galego
Benigno Salgado Vázquez, nado en Dacón (Maside) en febreiro de 1855, foi un farmacéutico e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | febreiro de 1855 Maside, España |
Morte | século XX |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico, xornalista |
Membro de | |
Traxectoria
editarEmigrou a Uruguai en 1874. De ideas liberais, opúxose á Restauración borbónica e aos gobernos conservadores. Dirixiu La Voz de Galicia, foi correspondente en Montevideo de El Eco de Galicia da Habana e colaborou en El Heraldo Gallego, La Colonia Española, El Gallego e La Unión Gallega. Asinou cos pseudónimos Pedro Enxebre e Xan Blexos.[1] Foi precursor da idea de creación dos Centros Galegos, nun manifesto publicado en Montevideo en 1879 e fundou co seu irmán Tomás o Centro Galego de Montevideo.
Notas
editar- ↑ Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da Literatura Galega Contemporánea. Galaxia. p. 463. ISBN 84-7154-391-5.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia. p. 463. ISBN 84-7154-390-7.
- Zubillaga, Carlos (1993). Hacer la América. Estudios históricos sobre la inmigración española al Uruguay. Fin de Siglo. p. 116.