Benigno Rey Pavón
mestre e político galego
Benigno Rey Pavón, nado en Pontevedra o 9 de marzo de 1908[1] e finado na mesma cidade o 12 de novembro de 1936, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1908 Pontevedra, España |
Morte | 12 de novembro de 1936 (28 anos) Pontevedra, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Familia | |
Pai | Arturo Rey Juncal |
Traxectoria
editarFillo do reloxeiro e republicano Arturo Rey Juncal, era mestre nacional. Foi un destacado deportista e dirixente da Sociedad Gimnástica pontevedresa. Foi mestre interino en Lantaño (Portas) en 1933. En 1936 era mestre en Penzol (concello da Veiga en Asturias). Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba de vacacións en Pontevedra. Foi detido e encarcerado. Sometido a xuízo sumarísimo, foi condenado a morte, sendo fusilado o 12 de novembro na estrada de Campañó.[2]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Lamela García, V. Luis (1993). Inmolados gallegos. Alexandro Bóveda, Víctor Casas, Telmo Bernárdez, Adrio Barreiro... Sada: Ediciós do Castro. p. 164. ISBN 84-7492-655-6. (en castelán)