Benigno López
Benigno López González, nado na Coruña o 22 de febreiro de 1952, é un xuíz galego, que foi designado polo parlamento como Valedor do Pobo o 17 de xullo de 2007.
![]() O ex Valedor Benigno López (esquerda) e o seu substituto provisional, José Julio Fernández Rodríguez. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1952 ![]() A Coruña, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xuíz ![]() |
Carreira profesional
editarEstudou o bacharelato na Coruña e licenciouse en Dereito en 1974 pola Universidade de Santiago. Aprobou as oposicións a xuíz en 1979 e foi ocupando distintas prazas nos xulgados de Corcubión (1980), Carballo (1981), Bilbao (1983, xa como maxistrado), Ourense (1983) e A Coruña (1986). O 31 de outubro de 1988 incorporouse como maxistrado á sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña, cargo onde permaneceu ata decembro de 1995, cando foi nomeado xuíz da sección primeira da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e presidente da mesma o 7 de decembro de 2004.
O 17 de xullo de 2007 é escollido por consenso no Parlamento como novo Valedor do Pobo, e tomou posesión o 22 de xullo.
O 15 de maio de 2012, poucos meses antes de que expirase o seu mandato, converteuse no primeiro Valedor do Pobo que presentaba a dimisión. A renuncia viu provocada por unha polémica xurdida unhas semanas antes. No Parlamento de Galicia, López mostrárase comprensivo cos recortes na Lei de Dependencia, e mesmo defendera a súa suspensión mentres non pasase a crise. Estas declaracións motivaron mesmo a renuncia dunha das vicevaledoras, ademais dunha forte contestación política.
Predecesor: Xosé Ramón Vázquez Sandes |
Valedor do Pobo 2007 - 2012 |
Sucesor: José Julio Fernández Rodríguez |
Vida persoal
editarEstá casado e ten dous fillos.