Benigno Galego Castro
Benigno Galego Castro, nado en Cerdido en 1977, é un político e funcionario galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (47/48 anos) Cerdido, España |
Alcalde de Cerdido | |
2015 – 2023 ← Ana Rodríguez Montero | |
Actividade | |
Ocupación | político, funcionario |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Traxectoria
editarFuncionario do Ministerio de Defensa. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Cerdido nas eleccións municipais de 2003 e foi elixido concelleiro da oposición. Nas municipais de 2007 repetiu candidatura e conseguiu pasar de 1 a 2 concelleiros. En 2011 mellorou os seus resultados con 3 concelleiros e un 35% dos votos, poñendo a maioría absoluta do PPdeG contra as cordas, de feito socialistas e nacionalistas lograron máis votos xuntos que os conservadores pese a que estes conservaron a maioría de concelleiros. Nas municipais de 2015 foi elixido alcalde con maioría absoluta, sendo o primeiro rexedor socialista de Cerdido en toda a democracia. Foi reelixido nas municipais de 2019 cunha maioría absoluta aínda máis ampla, con 7 concelleiros de 9. Non se presentou á reelección nas municipais de 2023, ocupando Brais Prieto Verdial o primeiro posto na candidatura socialista, polo que abandonou a alcaldía ao rematar o mandato.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar
Predecesor: Ana Rodríguez Montero |
Alcalde de Cerdido 2015 - 2023 |
Sucesor: Alberto Rey Paz |