Batiscafo
Un batiscafo é un pequeno vehículo de inmersión profunda (ou DSV do seu nome en inglés, Deep Submergence Vehicle) somerxíbel, especialmente deseñado para chegar a grandes profundidades baixo o océano, soportando a enorme presión da auga. Son pequenos submarinos tripulados con propulsión autónoma que permiten alcanzar grandes profundidades no mar, con fins militares ou científicos.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/3/36/Bathyscaphe_Trieste.jpg/250px-Bathyscaphe_Trieste.jpg)
Estes vehículos subacuáticos normalmente están equipados con cámaras e diversos equipos tecnolóxicos que lles permiten rexistrar, medir e incluso rescatar obxectos do fondo mariño, como restos de barcos e submarinos naufragados.
Componse dunha cabina similar á dunha batisfera suspendida baixo un depósito cheo dalgún líquido que sexa máis lixeiro que a auga, como a gasolina. A propulsión proporciónana uns motores alimentados por unha batería eléctrica.[1]
O batiscafo foi inventado por Auguste Piccard, e a primeira inmersión, sen tripulantes e con piloto automático, levouse a cabo en augas do arquipélago de Cabo Verde, en 1948, e estivo a cargo do batiscafo FNRS-2, que logrou descender a 1.080 m de profundidade. Piccard tamén cuñou o nome batiscafo, tirándoo das palabras do grego antigo βαθύς bathýs ('profundidade') e σκάφος skáphos ('nave').
Realizaron numerosas probas e melloras e, en setembro de 1953, Piccard e a súa tripulación lograron descender a 3.150 m co novo batiscafo, batiscafo Trieste, construído en Italia que, en 1959, logrou descender até os 5.486 metros de profundidade e, un ano despois, ós 10 916 m en augas de Guam, permanecendo media hora no fondo do océano.[2]
Máis tarde construíuse o batiscafo francés "Arquimedes", capaz de explorar profundidades de até 11 000 m e que, en 1962, alcanzou os 9.500 m na fosa das illas Kuriles.
Notas
editar- ↑ Brand, V (1977). "Submersibles - Manned and Unmanned.". South Pacific Underwater Medicine Society Journal 7 (3). ISSN 0813-1988. OCLC 16986801. Arquivado dende o orixinal o 01-08-2008. Consultado o 22-03-2012.
- ↑ "To the Depths in Trieste" Arquivado 27 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Aboulker, Axel (2012): Le Sous-marin Archimède. 1932-1952. Rennes: Marines Éditions. ISBN978-2357430587
- Picard, Claude (2006): Les Sous-marins de 1 500 tonnes. Rennes: Marines Editions. ISBN 2-915379-55-6
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Batiscafo |
- L'Archimède[Ligazón morta] (en francés)
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|