Batalla de Saint-Quentin (1914)

A batalla de Saint-Quentin de 1914 foi unha batalla da primeira guerra mundial, tamén denominada Primeira batalla de Guise. Tivo lugar en agosto de 1914.

Batalla de Saint-Quentin (1914)
primeira guerra mundial
Tipobatalla Editar o valor en Wikidata
Data
29 de agosto de 1914 Editar o valor en Wikidata 
╴30 de agosto de 1914 Editar o valor en Wikidata
ResultadoVitoria xermana, repelido o ataque francés
LocalizaciónGuise Editar o valor en Wikidata
Coordenadas49°54′03″N 3°37′42″L / 49.90083333, 3.62833333
Belixerantes
Francia Imperio Alemán
Líderes
Charles Lanrezac Karl von Bullow
Forzas
V Exército francés II Exército alemán
Baixas
12 000 baixas 7 000 baixas
Wikidata ]

Desenvolvemento

editar

A noite do 26 de agosto, as tropas aliadas estaban en retirada. O xeneral francés Joffre precisaba que alguén contivese o avance alemán mentres se retiraban tanto as tropas galas (no flanco dereito) como as tropas expedicionarias británicas (no flanco esquerdo). Os mandos franceses ordenaron a Lanrezac, a cargo do V Exército, atacar os alemáns atrasando o seu avance.

O día 29 pola mañá atacaron ás tropas alemás, que nos días anteriores estableceran defensas en torno a Saint-Quentin. O avance foi lento e custou moitas vidas, pero finalmente forzaron a Bullow a retroceder. Esa mesma noite, Joffre ordenou a Lanrezac que continuasen a retirada e que ó seu paso destruísen as pontes sobre o río Oise. A orde non chegou ata o día 30 pola mañá e as tropas tardaron en iniciar a marcha. Non obstante, o II Exército alemán non se desprazou e polo tanto non obstaculizou a Lanrezac.

O día 30, Bullow reportou aos seus superiores que non puidera curtar a retirada francesa. Días despois marchou cara ao río Marne en dirección a París.