Batalla de Inglaterra


A batalla de Inglaterra foi unha das batallas máis importantes da segunda guerra mundial, librada entre as forzas aéreas do Reino Unido (RAF) e da Alemaña nazi (Luftwaffe) nos ceos de Gran Bretaña durante 1940 e 1941. Segundo os historiadores británicos, comeza o 10 de xullo de 1940 e remata o 31 de outubro de 1940, mentres que os alemáns din que durou dende agosto de 1940 ata maio de 1941; dependendo do que se considera batalla. Non obstante, os combates aéreos alcanzaron o seu cumio dende agosto ata outubro de 1940, onde sucederon as loitas decisivas. Trátase da primeira gran campaña militar loitada completamente por forzas aéreas.[3]

Batalla de Inglaterra
Parte de Segunda guerra mundial

Tipo batalla aérea Editar o valor en Wikidata
Data 1940 Editar o valor en Wikidata
Localización Espazo aéreo do Reino Unido
Resultado Vitoria británica
Belixerantes
Reino Unido Reino Unido
Canadá Canadá
Australia Australia
Alemaña nazi Alemaña
Reino de Italia Italia
Líderes
Hugh Dowding
Keith Park
Trafford Leigh-Mallory
Quintin Brand

Richard Saul
Canadá Lloyd Breadner

Alemaña Nazi Hermann Göring
Alemaña Nazi Albert Kesselring
Alemaña Nazi Hugo Sperrle
Alemaña Nazi Hans-Jürgen Stumpff
Reino de Italia Rino Fougier[1]
Forzas en combate
1 963 avións 2 550 avións
Baixas
1 542[2] 2 585
Feridos
422 735
Adlertag (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Segunda guerra mundial
Editar ]

O principal obxectivo das forzas alemás era o de obrigar a Reino Unido a chegar a un acordo de paz negociado. En xullo de 1940 comezou o bloqueo naval e aéreo, centrándose a Luftwaffe principalmente en convais costeiros, así como portos e centros marítimos como Portsmouth. O 1 de agosto a Luftwaffe foi dirixida para acadar a superioridade aérea sobre a RAF, co obxectivo de incapacitar o seu Mando de Caza; 12 días despois, trasladou os ataques aos aeródromos e infraestruturas da RAF. A medida que a batalla progresaba, a Luftwaffe tamén comezou a atacar fábricas relacionadas coa produción de avións e infraestruturas estratéxicas. Finalmente empregou bombardeos para aterrorizar á poboación sobre áreas de importancia política e sobre civís.[4]

Os alemáns superaran rapidamente Francia e os Países Baixos, deixando ao Reino Unido enfrontándose á ameaza dunha invasión por mar. O alto mando alemán recoñeceu as dificultades dun ataque marítimo mentres a Royal Navy controlase o canal da Mancha e o mar do Norte. O 16 de xullo Hitler ordenou a preparación da Operación León Mariño como un potencial asalto anfibio e aerotransportado ao Reino Unido, que se levaría a cabo unha vez que a Luftwaffe tivese a superioridade aérea sobre o canal. En setembro, as incursións nocturnas do Mando de Bombardeo da RAF que perturbaron a preparación alemá de barcazas reconvertidas, e o fracaso da Luftwaffe ao intentar esmagar a RAF forzaron a Hitler a pospoñer e finalmente cancelar a Operación León Mariño. A Luftwaffe foi incapaz de manter as incursións á luz do día, pero as súas continuas operacións nocturnas no Reino Unido coñecéronse como o Blitz.

O fracaso alemán ao intentar destruír as defensas aéreas británicas para forzar un armisticio (ou incluso unha rendición absoluta) foi a primeira gran derrota alemá na segunda guerra mundial é un punto de inflexión crucial no conflito.

Situación

editar

Trala rendición de Francia e a evacuación de Dunquerque de forzas anglofrancesas, a guerra na Europa continental rematara, e só quedaba o Reino Unido para facer fronte ó Eixe. A Alemaña nazi quería chegar a un armisticio cos británicos, e había nas illas unha certa tendencia a non arrisca-la soberanía nunha longa guerra contra o aparentemente invencible réxime nazi, sobre todo polo recordo da primeira guerra mundial. Mais Winston Churchill, primeiro ministro británico, negouse de maneira tallante a chegar a unha paz que permitise a Alemaña asoballar a Inglaterra en calquera momento, e as preparacións da invasión de Gran Bretaña comenzaron no estado maior alemán.

Para invadir Gran Bretaña, Alemaña tiña que asegura-los mares destruíndo a inmensa frota do Imperio Británico, e para destruíla frota primeiro tiña que asegurarse a superioridade aérea, e polo tanto aniquilar ás forzas aéreas e as industrias que as nutrían de avións. Alemaña tamén quería bombardear obxectivos estratéxicos para así mina-la moral do pobo británico, seguindo as teorías de "bombardeo estratéxico" que puxera en práctica durante a guerra civil española e a invasión de Polonia.

O mariscal do aire da Luftwaffe, Hermann Göring, chamou ó plan de ataque Adlerangriff ("Ataque de aguia"), que comezaría o 11 de agosto de 1940. Antes, dende o 10 de xullo que citan as fontes británicas, os alemáns porían a proba a capacidade da RAF no Canal da Mancha.

Organización dos exércitos

editar

Luftwaffe

editar

As forzas aéreas alemás, que estaban baixo o mando de Hermann Göring, organizouse en tres frotas:

Cada Luftflotte organizábase en Geschwader (ás) de 100 avións e estás dividíanse nun Stab (plana maior) e tres Gruppen (grupos) con 30 avións cada un. Á súa vez cada Gruppen tiña un Stabschwarm (plana maior de voo) e tres Staffen (escuadróns).

A finais de xuño de 1940 as tres frotas dispoñían de 1 215 bombardeiros (na súa maior parte He 111, Do 17 e Ju 88), 280 bombardeiros en picado Ju 87 Stuka, 755 cazas Bf 109, 225 cazas de longo alcance Bf 110 e 70 avións de recoñecemento, baseados en 53 aeródromos.

O Mando de Caza da RAF, baixo o mando do Mariscal en xefe do Aire sir Hugh Downing, estaba organizada en tres Grupos, pero debido a que a area de 11º Grupo era demasiado ampla e estaba situada moi preto das forzas alemás do norte de Francia, Downing decidiu crear un cuarto Grupo, o 10º.

O Mando de Caza estaba composta por 36 escuadróns equipados con 450 Hurricane, 250 Spitfire, uns poucos Blenheim e dous escuadróns de Defiant.

Os Grupos dividíanse en sectores e cada un deles tiña a súa propia sala de operacións e un aeródromo de sector como base principal. Dispoñían tamén doutros aeródromos usados para dispersar os avións e como pistas alternativas no caso de que o principal fose danado seriamente.

Fases da batalla

editar

A batalla cubriu unha zona xeográfica cambiante, e houbo distintas opinións sobre datas significativas: cando o Ministerio do Aire propuxo o 8 de agosto como inicio, Dowding respondeu que as operacións "fundíronse case insensiblemente entre si", e propuxo o 10 de xullo como o inicio do aumento de ataques.[5] Coa precaución de que as fases derivan entre si e as datas non son firmes, o Royal Air Force Museum afirma que se poden identificar cinco fases principais:[6]

  • 26 de xuño - 16 de xullo: Störangriffe ("incursións molestas"), ataques dispersos de sondaxe a pequena escala tanto de día como de noite, recoñecemento armado e saídas para lanzar minas. A partir do 4 de xullo durante o día a Kanalkampf ("batallas do canal") contra buques.
  • 17 de xullo - 12 de agosto: os ataques Kanalkampf durante o día sobre buques intensificáronse durante este período, aumentaron tamén os ataques a portos e aeródromos costeiros e as incursións nocturnas contra a RAF e instalacións de fabricación de avións.
  • 13 de agosto - 6 de setembro: Adlerangriff ("ataque de aguia"), o asalto principal intentando destruír á RAF no sur de Inglaterra con ataques masivos aos seus aeródromos durante o día, seguido a partir do 19 de agosto por fortes bombardeos nocturnos de portos e cidades industriais, incluídos suburbios de Londres.
  • 7 de setembro - 2 de outubro: o Blitz comeza, centrando os seus ataques, tanto diúrnos como nocturnos, en Londres.
  • 3 - 31 de outubro: bombardeos nocturnos a grande escala, principalmente en Londres, e os ataques durante o día agora están limitados ás incursións dos cazabombardeiros Störangriffe que atraen aos cazas da RAF a combates aéreos
  1. Haining 2005, p. 68
  2. Bungay 2000, p. 107
  3. "Battle of Britain Memorial Flight - 92 Squadron - Geoffrey Wellum". web.archive.org. 2009-03-02. Archived from the original on 02 de marzo de 2009. Consultado o 2023-08-04. 
  4. Bungay 2000, pp. 305-306
  5. Overy 2001, pp. 61-62
  6. "Introduction to the Phases of the Battle - History of the Battle of Britain". RAF Museum (en inglés). Consultado o 2023-08-04. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar