A batalla de Fort Sumter foi un bombardeo realizado entre o 12 e o 13 de abril de 1861 polo exército dos Estados Confederados coa finalidade de expulsar a gornición federal que ocupada o Fort Sumter na baía de Charleston en Carolina do Sur. Esta batalla, que non causou ningunha baixa, marca o comezo da Guerra de Secesión (1861-1865) nos Estados Unidos, o conflito máis sanguento de tódalas acontecidas en territorio americano.
As negociacións previas trataron de pactar a rendición das tropas que ocupaban o forte e as condicións do mesmo. Para ámbolos dous bandos, as accións previas tiñan como obxectivo estimular as tropas e convencer aos estados que aínda estaban indecisos a que se unisen á súa causa, intentando presentar ao adversario como o agresor no caso de que finalmente a guerra se fixese efectiva. O conflito comezou a xestarse co enfrontamento do gobernador de Carolina do Sur, Francis Wilkinson Pickens, co Presidente dos Estados Unidos en funcións, o demócrata James Buchanan. Este enfrontamento continuou posteriormente a través do Presidente do Goberno confederado Jefferson Davis co Presidente estadounidense Abraham Lincoln.
Após varios meses de negociacións, o ataque ao forte provocou a mobilización do exército federal por parte de Abraham Lincoln e precipitou ao país á unha guerra fraticida.