Batalla de Dunnichen

A batalla de Dunnichen ou batalla de Nechtansmere (en gaélico escocés: Dúin Nechaín, en galés: Linn garan) enfrontou aos pictos e ás tribos de Northumbria o 20 de maio de 685 en Nechtansmere. A batalla terminou cunha decisiva vitoria dos pictos que supuxo un importante enfraquecemento da influencia de Northumbria no norte de Gran Bretaña.

Batalla de Dunnichen
Estela picta con ilustracións que poderían representar a batalla de Dunnichen.
Tipobatalla Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónDunnichen (en) Traducir e Dunachton (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Coordenadas56°38′N 2°48′O / 56.63, -2.8
Belixerantes
Pictos Northumbrios
Líderes
Bridei III Ecgfrith de Northumbria   
Wikidata ]

Antecedentes e desenvolvemento

editar

No cincuenta anos anteriores á batalla, as tribos de Northumbria expandiran progresivamente os seus territorios cara ao norte, e o reino de Bernicia chegara mesmo a capturar Edimburgo de mans dos Gododdin cara ao ano 638. Durante os seguintes trinta anos, exerceron o seu dominio sobre os reinos de Strathclyde e Dalriada, e mesmo ao reino picto de Fortriu.

Seguindo con esta expansión cara ao norte, e aparentemente tamén para deter as incursións pictas nas súas terras, o rei Ecgfrith de Northumbria invadiu o territorio picto en 685. O enfrontamento entre ambos os exércitos produciuse o día 20 de maio preto de Dunnichen. Os pictos finxiron retirarse, atraendo así ás tropas de Northumbria cara a un pantano. O rei picto, Bridei III deu morte a Ecgfrith, masacrou o seu exército e fixo escravos a gran parte dos sobreviventes. Tras esta batalla, a influencia de Northumbria nunca volveu estenderse cara ao norte máis aló do fiorde de Forth.

As fontes históricas sobre o desenvolvemento desta batalla son moi escasas. Beda o Venerábel describiuna brevemente xa no século VIII, e tamén aparece nos Anais do Ulster e de Tigernach. Crese que unha estela picta ilustrada atopada nunha igrexa en Aberlemno, seis quilómetros ao norte de Dunnichen, foi erixida para conmemorar esta vitoria.[1] Grazas ás referencias achegadas por Beda, os historiadores sitúan Nechtansmere en Letham (Angus), preto de Dunnichen. Con todo, investigacións recentes levadas a cabo por Alex Woolf, da Universidade de St Andrews, suxiren que a batalla puido ter lugar en Dunachton, Badenoch, na beira occidental do lago Insh.[2]

  1. "Pictish Symbol Stones". bbc.co.uk. 
  2. Alex Woolf, "Dun Nechtain, Fortriu and the Geography of the Picts" (en prensa)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar