Despois da retirada dos exércitos ananos de Esgaroth, o Rei Dáin retira as súas tropas a Dale para preparar a súa defensa. Mentres o exército combinado de ananos e homes se preparaba para defender a cidade, os habitantes de Dale refuxiáronse en Erebor.
Cando os exércitos de Dol Guldur comezan a atacar, os ananos e homes da cidade van retrocedendo ata chegar á porta de Erebor, onde cae o rei Dáin II e o rei Brand defendendo ambos a porta. Trala morte do seus respectivos pais, Thorin III e Bardo II dirixen a defensa feramente aguantando ás hoste de Dol Guldur ata que aparece o rei Thranduil con exércitos elfos do Bosque Escuro e socorre ós ananos. Así o exército combinado rexeita ás forzas de Dol Guldur e salva Erebor. Porén, a cidade de Dale queda destruída, pero máis adiante o novo rei Bardo II vólvea reconstruír. Thorin III "helmo de Pedra" é coroado novo rei de Erebor e tanto Erebor coma Dale convértense en aliados do Reino Unificado.