Batalla de Ciudad Rodrigo

Co nome de batalla de Ciudad Rodrigo coñécese, durante a guerra de Independencia española, a toma da cidade de Ciudad Rodrigo, Salamanca, España, por parte das tropas aliadas anglo-portuguesas que mandaba o xeneral inglés Lord Wellington, nun asalto efectuado ao longo da noite do 19 de xaneiro ao 20 de xaneiro de 1812. A praza forte estaba defendida por unha gornición francesa ao mando do xeneral Barrié. A posición da localidade, no camiño entre Portugal e España, converteuna nunha presa apetecida polos contendentes durante a guerra peninsular.

Batalla de Ciudad Rodrigo
guerra da Independencia española,
dentro das guerras napoleónicas

Tipoasedio Editar o valor en Wikidata
Data
7 de xaneiro de 1812 Editar o valor en Wikidata 
╴20 de xaneiro de 1812 Editar o valor en Wikidata
ResultadoVitoria aliada
LocalizaciónCiudad Rodrigo Editar o valor en Wikidata
Coordenadas40°35′49″N 6°31′21″O / 40.596944444444, -6.5225
Belixerantes
Francia Primeiro Imperio Francés Reino Unido Reino Unido
Portugal Portugal
Campaña
Guerra da Independencia española Editar ]
Wikidata ]
Murallas de Ciudad Rodrigo.

Antecedentes

editar

O 9 de xullo de 1810, o mariscal francés Michel Ney tomou a praza forte de Ciudad Rodrigo logo de vinte e catro días de asedio. Os 5 500 homes da gornición, mandada polo mariscal de campo Andrés de Herrasti, rendéronse despois de que a artillaría francesa abrise unha brecha pola que entrou a infantaría ao asalto.Os españois sufriron 451 mortes e 994 feridos, e foron capturados 4 000 homes e 118 canóns. O VI corpo de Ney tivo 180 mortes e sobre uns 1 000 ferido durante o asedio. A soldadadesca francesa someteu a cidade a pillaxe. O asedio atrasou a invasión de Portugal, que dirixía o mariscal André Masséna, polo menos durante un mes.

A batalla

editar

O xeneral británico Wellington iniciou a súa campaña do ano 1812 coa toma de Ciudad Rodrigo nun asalto ao longo da noite do 19 de xaneiro ao 20 de xaneiro de 1812, despois de operacións preparatorias nas que investiu 10 días. Nos ataques previos, os británicos capturaron dúas alturas, o Tesón Grande (8 de xaneiro) e o Tesón Pequeno (16 de xaneiro).

Mentres a artillaría británica, so mando do capitán Alexander Dickson abrira xa dúas brechas na muralla da cidade, de distinto grandor. A maior foi asaltada pola 3ª división do xeneral Thomas Picton, entanto a menor foi atacada pola División Lixeira do xeneral Robert Craufurd. Porén o ataque foi moi custoso morrendo dos aliados, entre outros, os xenerais Henry Mackinnon e Craufurd, ademais de 195 mortos e 916 feridos. Os 2 000 homes da gornición que mandaba o xeneral de brigada Barrié tiveron 529 baixas, entre mortos e feridos. A vitoria ficou emborranchada cando a tropa británica se abandonou á pillaxe.

Consecuencias

editar

O exército francés de Portugal perdeu na toma os seus pertrechos, entre os que cabe indicar 142 canóns. A captura de Ciudad Rodrigo facilitou o subseguinte ataque de Wellington sobre Badaxoz, cuxa toma resultou ser moito máis sanguenta.

Pola liberación da cidade, Wellesley que naquela altura era Vizconde de Wellignton foi recompensado co título de duque de Ciudad Rodrigo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • D. D. Horward, Napoleón y la Península Ibérica. Ciudad Rodrigo y Almeida, dos asedios análogos, 1810 (1984, 2006).

Ligazóns externas

editar