Batalla de Brandywine

A batalla de Brandywine foi un dos enfrontamentos militares da Guerra de Independencia dos Estados Unidos, tivo lugar o 11 de setembro de 1777[1] preto de Chad's Ford, Pensilvania e o río Brandywine.

Batalla de Brandywine
Parte de Guerra de Independencia estadounidense

Tipo batalla Editar o valor en Wikidata
Data 11 de setembro de 1777
Localización Chadds Ford Township, Pensilvania
Resultado Vitoria británica
Belixerantes
Estados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido

Hesse-Cassel

Antecedentes

editar

Nas primeiras operacións tralo comezo da Guerra de independencia americana, os colonos capturaron Montreal e Saint John 's e fracasaron no sitio Quebec. Posteriormente, tentaron defender Nova York que, despois da batalla de Long Island, se rendeu aos británicos comandados por William Howe. Este pretendeu cortar en dous o territorio rebelde separando Nova Inglaterra e conquistou os fortes que protexían a baía de Hudson e Newport.

A batalla

editar

O 23 de xullo, o xeneral Howe saíu de Sandy Hook coa intención de capturar Pensilvania, e avanzou por mar, e desembarcou nas proximidades da baía de Chesapeake con 18.000 soldados. O 25 de agosto, O xeneral George Washington cruzou o río Delaware para os enfrontar, e acampou preto de Chad's Ford, a 40 quilómetros de Filadelfia, deixando en medio o río Brandywine para esperar o ataque británico.

O 11 de setembro prodúcese a batalla con vitoria británica, na que perderon uns 600 soldados por 1.300 dos americanos (trescentos mortos, seiscentos feridos e catrocentos prisioneiros).[2] Na batalla tiveron unha relevante participación o conde polaco Pulaski e o marqués de La Fayette. Este aínda que recibira do Congreso o mando de xeneral por fretar un barco, que chegou en abril de 1777, con armas para apoiar a causa dos colonos fronte os británicos[3], decidiu participar na batalla como voluntario e foi ferido nunha perna[4].

Consecuencias

editar

A pesar de seren derrotados polos británicos, os americanos demostraron que eran quen de se enfrontar a un exército poderoso e trabar un combate organizado[5] polo que continuou a guerra. Os americanos tiveron que abandonar a súa capital, Filadelfia, que foi tomada polos británicos o 26 de setembro e George Washington viuse forzado a pasar o inverno en Valley Forge, Pensilvania, adestrando o que aproveitou para adestrar o exército.

A pesar da vitoria británica, non foi definitiva nin conseguiron afastar as tropas de Washington de Filadelfia e esas circunstancias foron decisivas na posterior derrota británica en Saratoga.[6] Igualmente, produciuse unha reorganización no mando británico, con Henry Clinton como comandante en xefe, substituíndo a Howe, que dimitira. Coa entrada de Francia na guerra e co exército máis preparado, Washington perseguiu a Clinton na súa retirada cando este recibiu a orde de abandonar Filadelfia e defender Nova York, que agora era vulnerable debido ao poder naval francés.

  1. Quackenbos, George P. (1866). Historia ilustrada de los Estados Unidos y paises adyacentes de América ... (en castelán). Nueva York: D.Appleton y cía. p. 539. 
  2. Spencer, J.A. (1868). Historia de los Estados Unidos: desde su primer periodo hasta nuestros días. Tomo I. (Traducido do inglés por Enrique Leopoldo de Verneuill). Barcelona: Muntaner y Simón. pp. 442–443. 
  3. Galibert, Leon; Pellé, Clemente (1844). Historia de Inglaterra. Tomo IV. (traducido por una sociedad literaria). Barcelona: Imprenta del Imparcial. p. 109. 
  4. Anónimo (1843). "Capítulo: M de La Fayette.". Personajes célebres del siglo XIX,. (Tomo VI). Madrid: Imprenta de D. Fernándo Suárez. p. 4. 
  5. Wood, Gordon S. (2015). La revolución norteamericana. DeBolsillo. ISBN 9786073133388. 
  6. Britannica Enciclopedia Moderna. Encyclopaedia Britannica, Inc. 2011. p. 399. ISBN 978-1-61535-516-7. 

Véxase tamén

editar