Bartholomäus Spranger
Bartholomäus Spranger, nado en Anveres o 21 de marzo de 1546 e finado en Praga en agosto de 1611, foi un pintor e gravador flamengo, representante do estilo maneirista.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1546 (Gregoriano) ![]() Anveres, Bélxica ![]() |
Morte | agosto de 1611 ![]() Praga, República Checa ![]() |
Pintor de cámara | |
![]() | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Pobo flamengo ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Estudo da historia da arte ![]() |
Lugar de traballo | Praga (1602–1611) Praga (1581 (Gregoriano)–1602) Viena (1575 (Gregoriano)–1576 (Gregoriano)) Roma (1566 (Gregoriano)–1575 (Gregoriano)) Milán (1565 (Gregoriano)–1566 (Gregoriano)) Anveres (1557 (Gregoriano)–1564 (Gregoriano)) Colonia Anveres Parma Haarlem Lión Ámsterdam París ![]() |
Ocupación | pintor, augafortista, escultor, debuxante, gravador, artista visual ![]() |
Xénero artístico | Pintura mitolóxica e Retrato pictórico ![]() |
Movemento | Maneirismo nórdico (pt) ![]() ![]() |
Mecenas | Alessandro Farnese (pt) ![]() Rodolfo II ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Christine Spranger (1582–) ![]() |
Pai | Joachim Spranger ![]() |
Descrito pola fonte | The Great Theatre of Dutch Painters (en) ![]() Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) ![]() Schilderboeck (pt) ![]() ![]() |
![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/1/19/Bartholomeus_Spranger_-_Angelica_and_Medoro.jpg/250px-Bartholomeus_Spranger_-_Angelica_and_Medoro.jpg)
Traxectoria
editarDiscípulo de Jan Mandyn e de Cornelis van Dalem, viaxou a Italia (Milán e Parma) e a Francia, o que o levou a incorporar o seu estilo á corrente maneirista, que se estaba a desenvolver nesas datas.
Viviu durante unha tempada en Roma, traballando para grandes comitentes, como os Farnese e os Caprarola, e chegando mesmo a ser nomeado pintor papal no ano 1570. Algo máis tarde pasou a traballar como pintor da corte en Viena e en Praga, entre os anos 1575 e 1611.
Spranger non produciu moitas obras de tema sacro, preferindo case sempre o ámbito mitolóxico. O seu maneirismo, moi elaborado e sólido, é reputado como un dos mellores entre os artistas de fóra de Italia.
Obras
editarObras da primeira época
editar- Paisaxe de montaña con aldea primitiva (1569) - Staatliche Kunsthalle, Karlsruhe.
- Paisaxe de montaña con ermida (1569) - Staatliche Kunsthalle, Karlsruhe.
Período romano
editar- O Xuízo Final (1571) - Pinacoteca Nazionale de Torino.
- Conversión de Saúl (v. 1573) - Milán, Pinacoteca Ambrosiana.
- Retablo do Martirio de San Xoán Evanxelista (antes de 1574) - Roma, San Xoán de Laterano.
- San Xurxo como vencedor do dragón (ca. 1574-1575) - Budapest, Szépmüveszti Múzeum.
Período centroeuropeo
editar- Resurrección de Cristo (ca. 1576) - Praga Narodni Galerie.
- Anxèlica e Medoro (ca. 1580) - Múnic, Alte Pinakothek.
- Salmacis e Hermafrodita (ca. 1580) - Kunsthistorisches Museum, Viena.
- Glauco e Escila (ca. 1580-82) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
- Hèrcules i Dejanira (ca. 1582) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
- Hermes e Atenea (fresco, ca. 1584-85) - Castelo de Praga.
- Hércules e Omfalia (ca. 1585) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
- Vulcano e Maia (ca. 1585) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
- Venus e Adonis (ca.1586) - Ámsterdam, Rijksmuseum.
- "Sine Cerere et Baccho friget Venus" (Sen Ceres e Baco arrefece Venus) (1590) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
- Epitafio de Nikolaus Müller (ca. 1592) - Praga, Narodni Galerie.
- Triunfo da sabedoría sobre a ignorancia (ca. 1592) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
- Adoración dos Reis Magos (ca. 1595) - Londres, National Gallery.
- Venus e Adonis (ca. 1596) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
- Alegoría da Xustíza e da Prudencia (ca. 1599-1600) - París, Museo do Louvre.
- San Sebastiàn (ca. 1602) - Praga, igrexa de San Tomé.
- Venus na fragua de Vulcano (ca. 1607-1610) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bartholomäus Spranger |