Barsowia
revista galega de banda deseñada
Barsowia foi un fanzine editado polo colectivo Polaqia e dedicado á banda deseñada. A súa liña editorial apostaba por unha BD de estética alternativa fuxindo das limiatacións das orientacións máis comerciais. O seu primeiro número publicouse no verán de 2003 e desde entón saíron varios números nos que colaboraron diversos artistas galegos da novena arte como David Rubín, Brais Rodríguez, Jano ou Kike Benlloch. Editáronse polo menos 15 números,[1] nos que chegaron a acadar o centenar de páxinas con obras de autores galegos e estranxeiros.
Barsowia | |
---|---|
País | España |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 2003 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Notas
editar- ↑ "Barsowia 15". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2016.