Bareyo
Bareyo é un municipio e localidade pertencente á comunidade autónoma de Cantabria. Limita polo norte co mar Cantábrico, polo oeste con Ribamontán al Mar, polo sur con Ribamontán al Monte e polo leste con Arnuero e Meruelo. Está situado na histórica comarca de Trasmiera.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Bareyo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.133 (2024) (65,75 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 32,44 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Altitude | 46 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jose de la Hoz Lainz (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39170 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39011 | ||||
Sitio web | aytobareyo.org |
No concello atópase o punto máis setentrional da costa cántabra, o cabo de Ajo, situado na fin da ría de Ajo, desembocadura do río Campiazo. A costa do municipio alterna cantís con praias. Polo interior, no sur do concello, áchanse diversos outeiros que non superan os 230 metros e que forman o val de Güemes.
Historicamente, na Idade Moderna o seu territorio pertenceu á Xunta de Sete Vilas, incluída esta no Meiriñado de Trasmiera. A Xunta desapareceu coa chegada dos municipios constitucionais e quedou dividida nos concellos de Castillo Siete Villas, do que posteriormente se separou o municipio de Noja e actualmente chamado Arnuero, Meruelo e Ajo, ou tamén chamado Fuente Espina segundo as fontes. O municipio de Ajo foi chamado así desde 1822 até 1835, que tomou o nome de Bareyo, aínda que conserva a súa capitalidade na localidade de Ajo.
Coma o resto da zona costeira, a economía baséase principalmente no sector servizos, e máis concretamente no sector turístico, que é un activo importante polas praias e o pobo en si, ademais da gastronomía que oferta. O sector primario está en retroceso, aínda que no pasado foi a principal actividade económica da zona.
Localidades
editar- Ajo (Capital) (1.612 habitantes en 2009).
- Bareyo ( 160 habitantes en 2009).
- Güemes (288 habitantes en 2009).
Fonte: INE
Núcleo de poboación
editarBareyo é tamén nome dunha localidade do municipio, que non coincide coa capital. No 2008 contaba cunha poboación de 177 habitantes (160 habitantes no 2009) (INE). A localidade atópase a 53 metros de altitude sobre o nivel do mar, e a un quilómetro da capital municipal, Ajo. Destaca do lugar a igrexa de Santa María, con cabeceira e un transepto románicos da segunda metade do século XII, que foi declarada Ben de Interese Cultural, coa categoría de Monumento, en 1978.
Patrimonio
editarDous son os bens de interese cultural deste municipio, ambos con categoría de monumento:
- A Igrexa de Santa María de Bareyo.
- O Muíño de La Venera, na ría de Ajo.
Ademais, está inventariada a Casa patrucial de Crespo, en Güemes.
Outros monumentos relixiosos de interese, a parte do citado, son:
- A igrexa de San Martín de Tours de Ajo.
- O antigo convento de San Ildefonso no barrio do Convento (Ajo).
- A igrexa de San Vicente Mártir en Güemes.
- A ermida de San Pedruco en Ajo.
- A ermida de San Roque en Ajo.
Outros monumentos civís son:
- A Casona de Carre.
- A Casona de Llabad Camino.
- A casa de Villanueva.
- A Casona de Cubillas.
- A Casona de Cubillas - Vélez de Hotanilla.
- A Casona de La Peña (actualmente un hotel).
Praias
editarEn Ajo están localizadas as dúas únicas praias que ten o municipio, estas son:
- Praia de Cuberris. A praia, que se encontra protexida polo Cabo de Ajo á dereita e a Punta Cárcabos á esquerda, é un lugar frecuentado por surfistas durante todo o ano e por bañistas en verano.
- Praia de Antuerta. Está protexida polo leste pola Punta Carcabos e polo oeste por Punta Urdiales. A esta pequena praia só se pode acceder a pé, pero aínda así é moi frecuentada por surfistas e naturistas.
Festas
editarAs festas máis populares de Bareyo son:
- O 3 de febreiro: San Blas en Bareyo.
- O 16 de xullo: Nosa Señora do Carme.
- O 3 e 4 de agosto: Santo Domingo, en Ajo.
- O 10 de agosto: San Lourenzo, en Güemes.
- O 16 de agosto: San Roque en Ajo.
- O primeiro venres de setembro: San Pedruco, en Ajo.
- O primeiro sábado de setembro: Nosa Señora de Consolación, en Güemes.
Economía
editarUn 25 % de la poboación do municipio emprégase no sector primario, un 19,1 % na construción, un 9,5 % na industria e un 46,4 % no sector servizos.
Medios de información
editarA corporación municipal edita desde o 2007 a revista La Ojerada, que informa sobre distintas actividades que transcorren no concello.
Xentilicios
editarDe Ajo, Ñero. De Bareyo, Birigañas. De Güemes, Camperro. De Bareyo (municipio), Bareyiego.
Demografía
editar1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 | 2008 | 2009 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1.184 | 1.299 | 1.512 | 1.789 | 2.100 | 2.299 | 2.118 | 1.758 | 1.642 | 1.635 | 1.708 | 1.928 | 2.003 | 2.060 |
Fonte: INE
Administración
editarJosé de la Hoz Lainz (PRC) é o actual alcalde do municipio. As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e 2007.
|
|
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bareyo |