Banqueta
moble, asento sen repousabrazos ou respaldo
Unha banqueta,[1] tallo[2], meso[3] ou moucho,[4] é un moble que serve de asento, normalmente sostido por tres ou catro patas, pero sen repousabrazos nin respaldo. Normalmente acomoda a un só ocupante. Son tamén moi comúns os deseños pregables.
A orixe das banquetas é escura, pero sábese que son unha das primeiras formas de mobles. Existen banquetas conservadas do Antigo Exipto que se remontan ao II milenio a. C., e era popular na Grecia antiga, o difros era un banqueta de catro patas dispoñible tanto en versión fixa como abatible. Despois poularizouse no Imperio Bizantino espallándose o seu uso por toda Europa, coa axuda das invasións normandas.[5]
Galería
editar-
Banquetas e mesa. Estados Unidos (c.1840)