Bandeira do Iucatán

A bandeira do Iucatán é a bandeira empregada polo estado mexicano do Iucatán. No pasado tamén foi a bandeira da República do Iucatán, cando se proclamou na Península do Iucatán entre 1841 e 1848.[1] A república comprendían os actuais estados mexicanos do Iucatán, Campeche e Quintana Roo.[2][3]

Bandeira do Iucatán
Bandeira do Iucatán
Características
Uso
Proporción4:7
Adopción16 de marzo de 1841 (orixinalmente)
13 de agosto de 2024 (readopción)
Cores     Verde     Branco     Vermello

O status oficial da bandeira derivou dunha reforma da Constitución Política dos Estados Unidos Mexicanos feita a finais de 2022 para permitir que os estados adopten os seus propios símbolos. A bandeira foi izada polas autoridades estatais por primeira vez en 182 anos o 21 de agosto de 2023 na capital do estado, Mérida.[4] e adoptouse oficialmente o 13 de agosto de 2024 logo de se publicar no diario oficial do estado [5].

Descrición

editar

A "bandeira do Iucatán" ten un campo verde con cinco estrelas e ao seu lado dereito, a partir do mastro, tres franxas horizontais, en branco e vermello.[6]

As tonalidades oficiais exactas da bandeira aínda non foron definidas, pero as cores están inspirados na Bandeira de México; suxírese usar as seguintes de acordo ao sistema pantone, proporciónanse equivalencias aproximadas noutros sistemas de cor:

Sistema de cor Verde Branco Vermello
Pantone 3425c Safe 186c
RGB 0-104-71 255-255-255 206-17-38
CMYK 100-0-32-59 0-0-0-0-0 0-92-82-19
RGB Hex. 006847 FFFFFF CE1126

Historia

editar
Artigo principal: República do Iucatán.

A bandeira iucateca foi izada no edificio do Concello de Mérida, na "Praza Grande" da capital do Estado do Iucatán, por primeira e única vez, o 16 de marzo de 1841, como protesta contra o centralismo do México de Antonio López de Santa Anna. Nunca máis o pendón foi utilizado oficialmente polas autoridades do Iucatán despois de 1848.[7] Esa bandeira que se usou brevemente no século XIX, no contexto da república do Iucatán, non ten hoxe validez oficial.[8]

Dende entón, a poboación iucateca utilízaa discrecionalmente para manifestar a súa "iucataneidade". No ano 2001 celebrouse na cidade de Mérida unha conmemoración polos 160 anos da súa primeira e última utilización oficial.[9]

Evolución da Bandeira do Iucatán
Anos Bandeira Estatal Información relevante
1841 a 1848     (1:2) A bandeira da República do Iucatán izouse no edificio co Concello de Mérida, na "Praza Grande" da capital do estado do Iucatán, por primeira e única vez, o 16 de marzo de 1841, como protesta contra o centralismo do México de Antonio López de Santa Anna.[7]
1998 a 2023     (4:7) Estabeleceuse unha segunda bandeira estatal, sen recoñecemento legal pero usada nalgunhas ocasións como emblema do estado.
2023 até o presente     (3:5) A bandeira converteuse no símbolo oficial do estado o 11 de setembro de 2023, substituíndo a bandeira non oficial formada por un escudo sobre fondo branco. O executivo do goberno do estado de Iucatán volveu ondear a bandeira histórica da República do Iucatán, despois de 182 anos.[10]
  1. "Simbolismo de la Bandera de Yucatán". Ayuntamiento de Mérida. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2009. Consultado o 10 de xullo de 2010. 
  2. "Simbolismo de la Bandera de Yucatán". Ayuntamiento de Mérida. Consultado o 10 de xullo de 2010. 
  3. "Yucatán (Mexico)". www.crwflags.com. 
  4. "Poder judicial del estado Yucatán". 
  5. Diario Oficial del Gobierno del Estado de Yucatán, 12 de agosto de 2024
  6. Después de seis años, entregamos un Yucatán más fuerte y preparado: María Fritz Sierra, Artículo 7. 8 de Octubro do 2024.
  7. 7,0 7,1 Casares G. Cantón, Raúl; Duch Collel, Juan; Zavala Vallado, Slvio; et al. (1998). Yucatán en el tiempo. Mérida,Yucatán. 
  8. "160 aniversario de la Bandera de Yucatán (www.yucatan.com.mx)". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2005. Consultado o 22 de febreiro de 2017. 
  9. "Aniversario de la bandera de Yucatán". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2009. Consultado o 22 de febreiro de 2017. 
  10. "Poder judicial del estado Yucatán". 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar