Bandeira de Tonga
A bandeira de Tonga foi adoptada o 4 de novembro de 1875.
Bandeira de Tonga | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 4 de novembro de 1875 |
Cores | Vermello Branco |
A actual bandeira tongana é moi semellante á da Cruz Vermella; de feito, nun principio era idéntica a esta, mais para evitar a confusión, foi substituída de xeito que o cruceiro vermello aparecese como un cantón similar ó das bandeiras da mariña mercante británica dende o século XVII. A bandeira foi empregada dende 1864, pero oficialmente foi adoptada en 1875. A constitución do Reino de Tonga declara que a bandeira nunca poderá ser substituída.
Outras bandeiras
editar-
Bandeira naval
-
Estandarte Real
Bandeira histórica
editar-
Primeira bandeira de Tonga.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Tonga en Flags of the World (en inglés)