Bandeira de San Marino
A Bandeira de San Marino (en italiano: Bandiera di San Marino) está composta por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor branco a superior e azul claro a inferior. A bandeira do Estado incorpora o Escudo Nacional no centro.
Bandeira de San Marino | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 3:4 |
Adopción | 6 de abril de 1862 |
Cores | Branco Azul |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/8/8b/Bandera_de_San_Marino_en_Cala_d%27Or_%28Baleares%2C_Espa%C3%B1a%29.jpg/220px-Bandera_de_San_Marino_en_Cala_d%27Or_%28Baleares%2C_Espa%C3%B1a%29.jpg)
Deseño
editarNo brasón figuran tres torres (as Tres Torres de San Marino) sobre tres picos, rodeados por unha póla de loureiro e outra de aciñeira rematado cunha coroa pechada como símbolo da súa soberanía. Na parte inferior do escudo figura, nunha cinta branca, o lema nacional: LIBERTAS (do latín: liberdade). Tamén é frecuente que se omita o escudo en bandeiras civís.
Outras bandeiras
editar-
Garda saudando á Bandeira Nacional
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- San Marino en Flags of the World (en inglés)