Bandeira de Carelia
A bandeira da República de Carelia (en livvi-carelio: Karjalan flagu, en ruso: Флаг Карелии) é un dos símbolos oficiais desta república da Federación Rusa. É unha bandeira tricolor que conta con tres franxas horizontais iguais de cor vermella, azul celeste e verde. A relación altura/lonxitude é de 2:3.
Bandeira de Carelia | |
---|---|
Características | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 16 de febreiro de 1993 |
Cores | Vermello Azul Verde |
Bandeiras históricas
editarBandeira | Anos de uso | Proporción | Goberno | Notas |
---|---|---|---|---|
1918–1920 | 2:3 | República de Uhtua | ||
1937–1938 | 1:2 | República Socialista Soviética Autónoma de Carelia | ||
1938–1940 | 1:2 | República Socialista Soviética Autónoma de Carelia | ||
1940–1953 | 1:2 | República Socialista Soviética Carelo-Finesa | ||
1953–1956 | 1:2 | República Socialista Soviética Carelo-Finesa | ||
1956–1978 | 1:2 | República Socialista Soviética Autónoma de Carelia | ||
1978–1993 | 1:2 | República Socialista Soviética Autónoma de Carelia. República de Carelia (dende 1991) | ||
1993–presente | 2:3 | República de Carelia |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira de Carelia |