Banda de música de Mato
banda de música de Mato (Cercio, Lalín)
A Banda de música de Mato foi unha agrupación musical residente no lugar de Mato, na parroquia de Cercio (Lalín).
Anos de actividade | 1904-1953 |
---|---|
Enderezo | Cercio (Lalín) |
Fundador | Avelino Mato |
Historia
editarFundouna no ano 1904 Avelino Mato. Entre os seus directores destacan Contiña ou Grandón. Tamén estivo á fronte da banda José Fernández García, coñecido como José de Mato, que máis tarde dirixiría a refundada banda de Silleda.
Esta agrupación foi coñecida por diversos nomes: Val de Mato, Mato de Val, Cercio ou Palio, denominación que adquiriu na década de 1950 por proceder desta parroquia os seus compoñentes. Desapareceu no ano 1953.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alvarellos Iglesias, Enrique (1986). Bandas de música de Galicia. Lugo: Alvarellos.
Ligazóns externas
editar- Xan Salgueiro (4 de xullo de 2010). "Unha terra de bandas (III)". Faro de Vigo.