Banana acuática
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Banana (homónimos).
Unha banana acuática é un barco inflábel de recreación feito xeralmente para ser remolcado. Foi inventado por Glenn Matthews a finais da década dos 80.
Os diferentes modelos desta embarcación poden acomodar entre 3 e 10 pasaxeiros sentados nun tubo grande, central, mentres descansan os seus pés en dous tubos laterais que estabilizan o barco. O tubo central xeralmente é amarelo e ten forma de banana, de aí o seu nome. Algúns modelos teñen dous tubos centrais.
Durante o paseo, o motorista do barco tenta virar a banana acuática cabeza abaixo ao facer curvas pechadas [1]. Os pasaxeiros teñen que empregar un chaleco salvavidas por razóns de seguridade.
Notas
editar- ↑ <http://www.boatsdepot.org/boats/types/banana.asp Arquivado 28 de novembro de 2011 en Wayback Machine.> - Accedido o 31/08/2010
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Banana Boats on Boats Depot Arquivado 28 de novembro de 2011 en Wayback Machine.