Baltasar Vázquez
Baltasar Vázquez Fernández, nado en Gabín (Montederramo) o 26 de outubro de 1905 e finado na Gudiña en 1995, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1905 Gabín, España |
Morte | 1995 (89/90 anos) A Gudiña, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Membro de | |
Familia | |
Parentes | Davide Ribalta, neto |
Traxectoria
editarEstudou o maxisterio no Colexio-Seminario do Ave María, estando no internado do Padre Manjón en Granada. De volta a Galicia, foi mestre interino en Xunqueira de Ambía (1925). Aprobou as oposicións de 1928. Foi mestre en Zorelle e despois en Bustavalle (Maceda). Militante comunista, era membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense, e a partir de 1932 pasou a dirixir a súa revista Escuela de Trabajo.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído. Agochado no faiado da casa dos sogros en Maceda, despois en Gabín e finalmente no monte. Estivo tres meses de criado na casa dun veciño de Montederramo e logo agochado na serra da Queixa. Ao rematar a guerra entregouse. Ingresou na cadea o 15 de xuño de 1939. Xulgado en Ourense por rebelión militar, foi sentenciado a cadea perpetua. Internado na Prisión Provincial de Ourense, saíu en liberdade provisional en 1941.[1] Estivo un tempo en Montederramo dando clases particulares de Bacharelato e traballando como capataz na repoboación forestal. Trasladouse a Valladolid e foi encargado de FASA e deu clases particulares.
Revisado o seu expediente de depuración, reingresou no Maxisterio en 1964. Incorporouse como mestre en Olmedo en 1965 e ao ano seguinte conseguiu o traslado a Forcarei.[2] O seu último destino foi A Gudiña, onde se xubilou en 1975.
Vida persoal
editarCasou en Maceda con Gloria Movilla Carnero en 1932.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Cid Fernández, Xosé Manuel (2013). "Baltasar Vázquez Fernández (1905-1995), de alumno das Escolas Ave María a mestre da A.T.E.O.". Murguía (27-28): 11–25.