Balduíno I de Bélxica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Baudouin/Boudewijn Albert Charles Leopold Axel Marie Gustave, nado no castelo de Stuyvenberg (Bruxelas) o 7 de setembro de 1930 e finado en Motril o 31 de xullo de 1993, foi o rei dos belgas entre 1951 e 1993.
![]() (1960) ![]() | |
Nome orixinal | (nl) Boudewijn van België (fr) Baudouin de Belgique ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (mul) Boudewijn Albert Charles Leopold Axel Marie Gustave ![]() 7 de setembro de 1930 ![]() Château du Stuyvenberg, Bélxica (en) ![]() ![]() |
Morte | 31 de xullo de 1993 ![]() Motril, España ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() |
Lugar de sepultura | Cripta Real (Bélgica) (pt) ![]() ![]() |
![]() | |
17 de xullo de 1951 – 31 de xullo de 1993 ← Leopoldo III de Bélxica – Alberte II de Bélxica → ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Educación | Instituto Le Rosey (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Período de actividade | 16 de xullo de 1951 ![]() ![]() |
Outro | |
Título | Rei dos belgas (1951–1993) Prince Royal (en) ![]() Duque de Brabante (1934–1951) Lista de príncipes de Saxe-Coburgo-Gota (pt) ![]() Count of Hainaut (en) ![]() Duke of Saxony (en) ![]() ![]() |
Familia | Casa de Bélxica ![]() |
Cónxuxe | Fabiola de Mora y Aragón (1960–1993), morte ![]() |
Pais | Leopoldo III de Bélxica ![]() ![]() |
Irmáns | Maria-Cristina da Bélgica Ingeborg Verdun Alberte II de Bélxica Alexander van België Princess Joséphine Charlotte of Belgium Maria-Esmeralda van België ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Baudouin: entre le cœur et la raison (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEra fillo de Leopoldo III de Bélxica e da súa primeira muller, a princesa Astrid de Suecia. O 1 de agosto de 1950 o rei Leopoldo III e o Parlamento aprobaron unha lei delegando os poderes reais a Balduíno, que os asumiu como príncipe o 11 de agosto do mesmo ano. O 17 de xullo de 1951 un día tras a renuncia de seu pai, Balduíno asumiu o trono como rei da Bélxica.
Parte da impopularidade de seu pai debeuse a casar en segredo con Mary Lilian Baels, unha inglesa que non pertencía a unha liñaxe real. E parte tamén por renderse diante da invasión da Bélxica por tropas nazis en 1940. Estes dous factores produciron desgaste na imaxe do rei Leopoldo III, levando á súa abdicación.
Casamento e reinado
editarO 15 de decembro de 1960 casou coa española Fabiola Mora y Aragón, sendo a súa a primeira voda real retransmitida por televisión. Este matrimonio non tivo descendencia, polo que a liña sucesoria pasou ao seu irmán Alberte.
Durante o seu reinado o Congo Belga tornouse independente, e o rei persoalmente participou nas festividades de independencia.