Baldomero Gutiérrez Alba
Baldomero Gutiérrez Alba, nado en Vilarello (Cervantes) en 1914, foi un guerrilleiro anarquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1914 ![]() Vilarello, España ![]() |
Morte | século XX ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
Familia | |
Nai | Consuelo Alba Digón ![]() |
Irmáns | Jovino Gutiérrez Alba Abelardo Gutiérrez Alba Florinda Gutiérrez Alba Domitila Gutiérrez Alba ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarA raíz do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu pai Juan Gutiérrez Santín foi sacado da casa por falanxistas o 20 de agosto e asasinado, e Baldomero botouse ao monte cos seus irmáns Abelardo e Jovino. Foi detido en xuño de 1940. En 1943 botou medio ano en Barcelona e despois regresou a Galicia. En 1945 foi procesado con Segundo Alba Digón e Corsina Martínez no sumario 180/45 polo delito de agresión a forza pública, facéndose requisitoria para que se presentase.[1] En 1947 pasou clandestinamente a Francia. Retornou para preparar a fuga da súa nai e de dous dos irmáns a Francia. Nun choque coa Garda Civil foi ferido de dous balazos nunha perna.[2] En 1948 foi detido en Barcelona. Xulgado en outubro de 1949 por "auxilio a bandoleros", foi condenado a 20 anos. Pasou polas prisións de León e Colonia Penitenciaria del Dueso, de onde saíu en liberdade condicional en marzo de 1953.[3]
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 10-7-1945, p. 4.
- ↑ Orden de la Comandancia del 19 de enero de 1948. Dado, León
- ↑ BOE, 17-8-1956, p. 5377.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Íñiguez, Miguel (2008). Enciclopedia histórica del anarquismo español. Tomo 1. Gasteiz: Asociación Isaac Puente. p. 812. ISBN 978-84-612-4219-1.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 82–83. ISBN 84-8485-231-8.