Baixo mínimos
Baixo mínimos é unha novela negra de Diego Ameixeiras, publicada por Edicións Xerais en xuño de 2004. É a primeira da saga protagonizada polo detective Horacio Dopico.
Baixo mínimos | |
---|---|
Título orixinal | Baixo mínimos |
Autor/a | Diego Ameixeiras |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Novela negra |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | xuño de 2004 |
Formato | 14,5 x 22 cm. edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 176 |
ISBN | ISBN 84-9782-167-X |
Seguido por | O cidadán do mes |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sinopse
editarEn Ourense aparece morto o avogado Adrián Seivane, e a versión policial afirma que se debe a un asasinato por parte do GIA (Grupo Independentista Armado), dado que coincide o calibre da arma utilizada nos crimes desta organización.
Porén, o comisario da cidade encarga a Horacio Dopico que investigue cales foron as causas e as circunstancias do falecemento.
Malia as ameazas recibidas polo grupo independentista e por uns colombianos traficantes de cocaína, Horacio descobre que o avogado levaba unha dobre vida, que frecuentaba un prostíbulo, e que a única relación que tiña coa súa muller era profesional, pois mantiñan negocios ilícitos.
O detective, Horacio Dopico, é un policía apartado do corpo debido aos seus excesos co alcol. Divorciado da súa muller, vive só nun piso moi desordenado, coa súa veciña lesbiana por única amizade.
O libro está narrado nunha linguaxe moi popular. O detective móvese por ambientes pouco exclusivos, e consome decote cocaína, haxix e whisky, relacionándose con traficantes e camareiros, e falando no seu argot.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na web da editorial.