BIROS
BIROS (acrónimo de Bi-spectral InfraRed Optical System), coñecido tamén como Firebird 2, é un satélite artificial alemá lanzado o 22 de xuño de 2016 mediante un foguete PSLV-XL desde o Centro Espacial Satish Dhawan, na India.[5][2][4]
BIROS / FireBird 2 | |
---|---|
![]() Maqueta de BIROS | |
Tipo | Científico |
Organización | DLR |
Contratistas principais | DLR-IOS, Astrofein |
Data de lanzamento | 22 de xuño de 2016[1][2][3][4] |
Foguete portador | PSLV-XL[5][2] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial Satish Dhawan[5][2] |
NSSDC ID | 2016-040F |
Masa | 130 kg[5][2][4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6869 km[1] |
Inclinación | 97,2°[1] |
Apoapse | 505,9 km[1] |
Periapse | 491,4 km[1] |
Características
editarBIROS é un satélite lanzado coa misión de detectar incendios forestais desde órbita. É unha versión mellorada do satélite TET 1, co que comparte o sensor para detectar lume, e que usa o bus TET-X. BIROS leva a bordo tres cámaras de barrido, unha para o visible e as outras dúas para o infravermello, coas que detectar eventos de alta temperatura, como lume ou volcáns. Como cargas secundarias leva un terminal de comunicación óptica denominada OSIRIS (Optical Space Infrared Downlink System) para demostrar a capacidade de comunicación usando láser, chegando a velocidades de 1 Gbps, e o experimento de navegación óptica autónoma AVANTI (Autonomous Vision Approach Navigation and Target Identification), para o cal liberou o CubeSat BeeSat 4. BIROS ten unha masa de 130 kg.[5][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "BIROS" (en inglés). 2022. Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de abril de 2022). "BIROS" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ "Note verbale dated 5 September 2016 from the Permanent Mission of Germany to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (16-05621 (E)): 2. 7 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de setembro de 2022. Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2022). "BIROS" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "BIROS (FireBird 2)" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: BIROS |