Búnker
Un búnker[1] é unha construción feita de ferro e formigón, que se utiliza nas guerras para protexerse dos bombardeos, tanto da aviación como da artillaría.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/4/48/B%C3%BAnker_de_la_Guerra_Civil_Espa%C3%B1ola_en_el_Alto_del_Le%C3%B3n_%288636806993%29.jpg/200px-B%C3%BAnker_de_la_Guerra_Civil_Espa%C3%B1ola_en_el_Alto_del_Le%C3%B3n_%288636806993%29.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/e/e1/Albania_bunkers.jpg/220px-Albania_bunkers.jpg)
Tipos
editarOs búnkeres teñen un uso militar, aínda que ás veces tamén civil ou mixto.
Trincheira
editarEste tipo de búnker é unha pequena estrutura de formigón con tellado, parcialmente enterrada na terra, que xeralmente é parte dun sistema de trincheiras. Tales búnkeres ofrecen mellor protección ós soldados que a trincheira aberta e ademais inclúe protección contra ataques aéreos (granadas, proxectís de morteiro). Ademais ofrecen protección perante o clima.[2]
A parte frontal dun sistema de trincheiras xeralmente inclúe metralladoras ou morteiros e forma un campo de tiro dominante. Os búnkeres da parte traseira do sistema adoitan utilizarse como postos de mando, para almacenamento de materiais e como hospitais de campaña para atender os soldados feridos.
Fortín
editarCoñécense como "fortíns" os escavados en postos de garda, que dispoñen de espazos de formigón a través dos cales disparan as armas de fogo. En inglés, chámanse pillbox, nome que xurdiu debido á similitude da estrutura deste búnker coa das pequenas caixas para levar pílulas médicas.[3]
Os fortíns están a miúdo camuflados para agochar a súa localización e aumentar ó máximo o elemento sorpresa. Poden ser parte dun sistema de trincheiras, interconectados formando unha liña de defensa con outros fortíns co obxectivo de que cubran o lume uns a outros (defensa en profundidade), ou poden ser postos a resgardo de estruturas estratéxicas como pontes e embarcadoiros.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para búnker.
- ↑ Una mirada a la Primera Guerra Mundial desde los archivos. Consultado o 10 de febreiro de 2008.
- ↑ (en inglés) «Why the name Pillbox?» Arquivado 10 de maio de 2018 en Wayback Machine. Consultado o 11 de outubro de 2015.