Azarug
Azarug é unha organización xuvenil de esquerdas e independentista das Canarias, situada ideoloxicamente no socialismo e fundada no ano 1992. Os seus obxectivos políticos son a liberación nacional das Canarias e a transformación da sociedade.
Azarug | |
---|---|
![]() | |
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Nacionalismo canario |
Data de fundación | 1992 |
País | España |
Na rede | |
http://www.azarug.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarAzarug nace en Tenerife en 1992 coa unión dos membros do Congreso Nacional de Canarias (CNC) e do FREPIC-AWAÑAK para tentar superar as rivalidades entre estas dúas agrupacións políticas.
Posteriormente uniuse ao proxecto persoas doutros colectivos, coma Izquierda Verde - Izegzawen.