Axuda:Introdución ás páxinas de conversa/Estrutura
Páxinas de conversa | Conversas de usuario | Estrutura | Resumo |
A sangría pode axudar a mellorar a estrutura dunha conversa, de xeito que sexa máis doada de ler. O máis recomendable é darlle á túa resposta un nivel máis de sangrado cá persoa á que contestas. A maneira de facelo é incluír dous puntos (:) ao comezo da liña. Cantas máis veces repitas os signos de puntuación, máis sangría terá o teu texto:
Isto está aliñado completamente á esquerda.
|
Trátase dun exemplo de conversa con sangría. |
- Isto está aliñado completamente á esquerda.
- :Isto ten unha lixeira sangría.
- ::Aquí hai aínda máis sangría.
Deste xeito, os dous puntos non se mostran na páxina ao lela, aínda que si ao editala.
Por outra banda, para crear unha lista, o asterisco (*) dá unha mellor diferenciación dos distintos elementos, e pódese empregar á vez que os dous puntos:
|
Trátase dun exemplo de conversa cunha lista. |
- :*Primeiro elemento da lista
- :*Segundo elemento da lista
- ::*Primeiro elemento da sublista do segundo elemento
- :*Terceiro elemento da lista
Seguinte: Vai ao resumo! →