Avelino Lahoz Álvarez

guerrilleiro antifranquista galego

Avelino Lahoz Álvarez, nado en Toén cara a 1914 e finado en Areas o 17 de febreiro de 1938, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Modelo:BiografíaAvelino Lahoz Álvarez
Biografía
Nacementoc. 1914 Editar o valor en Wikidata
Toén, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de febreiro de 1938 Editar o valor en Wikidata (23/24 anos)
Areas, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
ResidenciaArnoso Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1830

Traxectoria

editar

Veciño de Arnoso (Ponteareas). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Organizou co seu irmán Antonio a partida dos "Ernestinos". O 10 de febreiro de 1938 morreron tres compoñentes da partida nun encontro coas forzas represivas na Bouciña. Poucos días despois, o 17 de febreiro nun enfrontamento coa Garda Civil en Areas foron abatidos Avelino, o seu irmán Antonio, e outro compoñente da partida; tamén resultou morto o comandante de posto da Garda Civil de Ponteareas. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[1] A súa irmá María tamén foi detida.

Véxase tamén

editar
  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-33-5. 

Ligazóns externas

editar