Avefría sociable
A avefría sociable[2] (Vanellus gregarius) é unha ave limícola da familia dos carádridos. É unha ave plenamente migratoria, que se reproduce en Kazakhstán e pasa o inverno no Oriente Próximo, subcontinente indio e Sudán.[3]
Avefría sociable | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Un exemplar nas marismas de Kutch, India
| |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Crítico[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
![]() Área de distribución de V. gregarius (Compilada por: Fahad)
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Chaetusia gregaria (emend inxustificada) |
Taxonomía
editarXunto con outras avefrías, está situada no xénero Vanellus. O nome do xénero vén da palabra do latín medieval para avefría e deriva de vannus un abano para separar a palla do gran dos cereais. O nome específico gregarius en latín significa sociable e procede do grego grex, gregis, 'bandada', referíndose ao seu costume de xuntarse con outras aves da súa especie ou de especies similares.[4]
A avefría sociable é unha das moitas aves descritas por Pallas durante a súa viaxe polas terras rusas.
É unha especie monotípica, sen subespecies recoñecidas.[5]
Descrición
editarEsta avefría de medio tamaño ten patas longas e un bico curto negro. Os individuos non reprodutores en inverno teñen ás marróns claras con bandas na cabeza. Ten unha coroa e unha banda ocular negras, esta última está beireada por riba e por debaixo con branco. As partes inferiores da ave son brancas. As súas longas patas negras, cola branca cunha banda negra terminal e distintivas ás marróns, brancas e grises fan que sexa practicamente inconfundible en voo.
A plumaxe reprodutora de verán é moito máis rechamante. As plumas marróns fanse agrisadas e lixeiramente brillantes coa excepción das meixelas, que son ocres. As bandas que atravesan os ollos e a coroa teñen unha cor máis forte, e a parte inferior do peito toma unha plumaxe negra que se esvae ata unha forte cor castaña conforme nos achegamos á cloaca.[6]
Os inmaturos teñen plumas dorsais que lles dan un aspecto “escamoso” e só teñen trazas do debuxo da cabeza.
Esta especie lembra á especie máis abundante Vanellus leucurus (avefría de rabo branco[7] ), pero a avefría sociable ten unha coroa con banda e patas grises escuras a diferenza das patas amarelas e cabeza sen debuxo da avefría de rabo branco.[8] Mide entre 27 e 30 cm de lonxitude. A chamada é un áspero kereck.
Distribución e hábitat
editarA diferenza doutras avefrías, que prefiren ambientes acuáticos máis húmidos, a avefría sociable prefire as estepas e terras herbosas áridas, así como campos cultivados. Reprodúcese nas estepas de Kazakhstán. Pon tres ou catro ovos nun niño que fai no chan. Historicamente seguía dúas rutas de migración,[9] unha ruta ao oeste e outra ao leste. Na ruta ao oeste, pasa sobre Asia central e Turquía para pasar o inverno en Israel, Palestina e Líbano, algunhas rexións de Arabia Saudita e África oriental. Na súa ruta cara ao leste, pasa o inverno nas costas de Irán, os Emiratos Árabes Unidos e India.
En dous países, Qatar e Kuwait, o caso é diferente. Neles foi rexistrada historicamente como ave vagante, cos primeiros avistamentos na década de 1980. A medida que esas nacións se industrializaron, creáronse granxas e parques. As aves vagantes visitaron a granxa Rukaiya e os campos de Sulaibyia na década de 2000 con repetidas visitas e mesmo pasaban o inverno alí, dando lugar a unha terceira ruta de migración, a ruta central.[10]
Antano ocupaban unha ampla área en Europa, pero arestora esta ave practicamente desapareceu do continente. Os restos da anterior poboación ucraína migran á Península Ibérica, onde só uns poucos individuos poden pasar o inverno. Por outra parte, historicamente, en case todos os países europeos se teñen observado algúns individuos[11] e durante o Segundo Imperio Francés, acompañaban ás veces á avefría choromica nas súas viaxes migratorias e como vagantes. Ambas a especies aliméntanse da mesma maneira, capturando insectos e outras pequenas presas principalmente en terras cubertas de herbas e campos agrícolas.
Status
editarA poboación da avefría sociable sempre foi difícil de cuantificar. Estimouse que a poboación estivo sempre en diminución, e especialmente sufriu un gran descenso a finais do século XX, o que deixa a poboción actual en só un 20-25 % das súas cifras históricas.[6]
A poboación estimada mellorou despois de décadas de longos estudos e en outubro de 2007 descubriuse unha superbandada de aproximadamente 3.200 avefrías sociables en Turquía, segundo Guven Eken, director da Asociación da Natureza de Turquía.[12] Ademais, atopáronse 1.500 exemplares pasando o inverno en Siria.[13] A poboación estimada actualmente é duns 17.000 individuos, e houbo un informe do incremento das nidificacións todos os anos ata 2007; con todo, é difícil determinar se isto foi un incremento real ou simplemente que se atoparon máis niños como resultado da intensificación dos traballos de campo.[6] A área de distribución da avefría sociable contraeuse grandemente, xa que antes existía desde Ucraína á China.
O traballo de campo realizado que levou ao descubrimento de miles de avefrías sociables atopou que a poboación era moito máis grande que o que se temía, aínda que tamén se descubriu que os adultos teñen menores taxas de supervivencia, e prevese un declive da poboación a unha taxa similar ou acelerada. As razóns desta caída da poboación son en gran medida descoñecidas, pero á caza nas rutas migratorias atribuíuselle ser como mínimo unha notable ameaza.[6]
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2019). "Vanellus gregarius": e.T22694053A155545788. doi:10.2305/IUCN.UK.2019-3.RLTS.T22694053A155545788.en.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ "Ornithology of Gibraltar, page 272=10 de novembro de 2022". openlibrary. 1895.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 178, 397. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ "Sociable lapwing". dynamicnatude. Consultado o 14 de setembro de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 "Species factsheet: Sociable Lapwing Vanellus gregarius". BirdLife International. Consultado o 20 de setembro de 2015.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ "EBird- Sociable lapwing".
- ↑ "Investigating the causes of Sociable Lapwing declines". BirdLife Datazone.
- ↑ "birds of Qatar". xaneiro de 2022.
- ↑ "birds of britishbirds" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de marzo de 2023. Consultado o 21 de decembro de 2024.
- ↑ "Superflock of Endangered Birds Spotted in Turkey". National Public Radio. 20 de outubro de 2007.
- ↑ "Ornithologists "hit jackpot" on sightings of Critically Endangered bird". BirdLife International. 2 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avefría sociable |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Avefría sociable |
- Fotos da avefría sociable en Oiseaux.net
- {{{2}}} en Avibase
- Vídeos, fotos, e sons de Avefría sociable na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Avefría sociable en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Vanellus gregarius en IUCN Red List maps
- Vanellus-gregarius - Gravacións de sons de Sociable lapwing en Xeno-canto.