Avanti! (filme)
filme de 1972 dirixido por Billy Wilder
Avanti! é un filme dirixido por Billy Wilder e rodado en Italia. Baséase nunha obra de teatro de Samuel A. Taylor e estreouse no ano 1972.
Avanti! | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Billy Wilder |
Guión | Billy Wilder I. A. L. Diamond |
Intérpretes | Jack Lemmon Juliet Mills Clive Revill Edward Andrews Gianfranco Barra Pippo Franco |
Música | Carlo Rustichelli |
Fotografía | Luigi Kuveiller |
Estrea | 1972 |
Duración | 140 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Comedia romántica |
Orzamento | $2 750 000 |
Recadación | $1 500 000 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse
editarA historia transcorre na illa de Isquia situada na entrada do golfo de Nápoles. Wendell Armbruster (Jack Lemmon) é un conservador home de negocios americano que se ve na obriga de viaxar a Italia, onde o seu pai faleceu nun accidente de tráfico durante as súas vacacións. Cando chega ao seu destino, decátase de que o seu pai tiña unha amante, que o acompañaba no momento do accidente.
Personaxes
editar- Jack Lemmon como Wendell Armbruster, Jr.
- Juliet Mills como Pamela Piggott.
- Clive Revill como Carlo Carlucci.
- Edward Andrews como J.J. Blodgett.
- Gianfranco Barra como Bruno.
- Pippo Franco como Mattarazzo.
Galardóns e nomeamentos
editar- Globo de Ouro ao mellor actor - Comedia ou musical|Globo de Ouro ao mellor actor de Comedia ou musical para Jack Lemmon
- Nomeamento ao Globo de Ouro ao mellor director a Billy Wilder.
- Nomeamento ao Globo de Ouro ao mellor guión a Billy Wilder e I.A.L. Diamond.
- Nomeamento ao Globo de Ouro á mellor actriz de Comedia ou musical para Juliet Mills.
- Nomeamento ao Globo de Ouro ao mellor actor secundario para Clive Revill.
- Nomeamento ao Globo de Ouro á mellor película de Comedia ou musical
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)