Austroglossus
Austroglossus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Austroglossus microlepis | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Austroglossus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos.[1]
Comprende dúas especies de linguados (en sentido amplo) propios das costas atlánticas de Suráfrica,[2] coñecidas en galego como linguados austrais.[3]
Taxonomía
editarXénero
editarO xénero foi descrito en 1920 polo ictiólogo británico Charles Tate Regan no seu traballo "Revision of the flat-fishes (Heterosomata) of Natal". Annals of the Durban Museum 2 (5): 205-222.[1]
Etimoloxía
editarO nome Austroglossus' está formado polas formas do latín científico Austro-, derivado do latín clásico Auster, -tri, "vento do sur" e, por extensión, "o sur" (punto cardinal), e -glossus, forma masculina derivada do termo do grego antigo γλῶσσα glṓssa, "lingua", que forma parte do nome de moitos xéneros de peixes planos.
Especies
editarNa actualidade recoñécense no xénero as seguintes dúas especies:[1][2]
- Austroglossus microlepis (Bleeker, 1863) — linguado austral do oeste.[3]
- Austroglossus pectoralis (Kaup, 1858) — linguado austral do leste.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Austroglossus Regan, 1920 no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Austroglossus en FishBase.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 84.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Austroglossus |