Aurelio Souto Blanco
labrego e político galego
Aurelio Souto Blanco, coñecido como Aurelio de Pantaño, nado en Guizán (Mos) cara a 1903 e finado en Tameiga o 12 de xullo de 1937, foi un xornaleiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 ![]() Mos, España ![]() |
Morte | 12 de xullo de 1937 ![]() Tameiga, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | labrego, político ![]() |
Traxectoria
editarVecino de Louredo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O xuíz militar de Vigo reclamouno mediante requisitoria o 2 de novembro xunto con Ángel Matilde Migueles, Plácido Blanco Pérez e José Ricón Fernández.[1] Foi asasinado en Tameiga o 12 de xullo de 1937, o seu cadáver apareceu na marxe esquerda da estrada de Redondela a Porriño. Foi soterrado na fosa de Mos.[2]
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 4-11-1936, p. 3.
- ↑ Fosa de Mos