Aulorrínquidos
(Redirección desde «Aulorhynchidae»)
Os Aulorrínquidos ou trompudos (Aulorhynchidae) son unha familia de peixes mariños costeiros, incluída na orde Gasterosteiformes. Distribúense polo norte do Pacífico, desde o Xapón ata México.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/b/b0/Aulorhynchus_flavidus_1.jpg/300px-Aulorhynchus_flavidus_1.jpg)
Características
editarTeñen un corpo alargado e estreito, con escudos óseos laterais, con series de 24 a 26 pequenas espiñas dorsais curtas e illadas. Tras estas, unha aleta dorsal con 10 raios brandos, atrasada; oposta á anal; as aletas pelvianas cunha espiña dura e catro raios brandos; a caudal con 13 raios brandos.
Lonxitude máxima 17 cm en Aulorhynchus flavidus.
Clasificación
editarComprenden dous xéneros cunha única especie cada un:
- Xénero Aulichthys:
- Aulichthys japonicus (Brevoort en Gill, 1862)
- Xénero Aulorhynchus:
- Aulorhynchus flavidus (Gill, 1861)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Aulorrínquidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aulorrínquidos |