Audiencia provincial
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
As audiencias provinciais son tribunais de xustiza con ámbito territorial provincial e sede na capital de provincia. Estes órganos xudiciais estrutúranse funcionalmente en seccións, que están integradas por tres ou catro maxistrados.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/6/68/Edificio_dos_Xulgados_de_Vigo%2C_Secci%C3%B3ns_da_Audiencia.jpg/250px-Edificio_dos_Xulgados_de_Vigo%2C_Secci%C3%B3ns_da_Audiencia.jpg)
Actúan como tribunal de segunda instancia, tanto en procesos civís como en causas criminais, e xulgan, en vista oral e pública, os procesos por delitos graves. No seu seo funciona, para determinados xuízos penais, o tribunal do xurado.
Audiencias provinciais galegas
editarEn Galicia a presidencia e as seccións das audiencias provinciais sitúanse nas capitais de provincia da Coruña (5 seccións), Lugo (2 seccións), Ourense (2 seccións) e Pontevedra (4 seccións). Como excepción, Santiago de Compostela conta cunha sección desprazada (Sección VI da Audiencia Provincial da Coruña), e Vigo conta con dúas seccións desprazadas (Sección V e Sección VI da Audiencia Provincial de Pontevedra). Cada sección está composta por tres maxistrados, agás as seccións I, II e VI da Coruña e I e VI de Pontevedra que contan con catro maxistrados.
As Seccións I e II da Audiencia Provincial da Coruña, a Sección II da Audiencia Provincial de Lugo, a Sección I da Audiencia Provincial de Ourense e as Seccións II, IV e V da Audiencia Provincial de Pontevedra están especializadas en materia penal. As Seccións III, IV e V da Audiencia Provincial da Coruña, a Sección I da Audiencia Provincial de Lugo, a Sección II da Audiencia Provincial de Ourense. As Seccións I, II e VI da Audiencia Provincial de Pontevedra están especializadas en materia civil.
No conxunto da comunidade autónoma a actividade das audiencias provinciais na xurisdición penal resúmese na realización anual dun cento de xuízos orais e públicos en procedementos ordinarios por delitos graves, sobre trescentos xuízos orais en procedementos abreviados por delitos menos graves, entre dúas ducias a catro ducias de xuízos da lei do tribunal do xurado, máis de sete mil recursos contra as resolucións dos xulgados e case cincocentas execucións de sentenzas.