Tematangi é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa, incluído na comuna de Tureia. Está situado no sueste do arquipélago, a 160 km ao oeste de Mururoa.

Modelo:Xeografía políticaAtol Tematangi
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 21°40′S 140°37′O / -21.67, -140.62
ColectividadePolinesia Francesa
División administrativa da Polinesia FrancesaIllas Tuamotu-Gambier
Comuna da Polinesia FrancesaComuna de Tureia Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación0 (2007) Editar o valor en Wikidata (0 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie61 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Xeografía

editar

Tematangi é un atol triangular de 11,5 km de longo e 7 km de ancho máximo, cunha superficie de 7,7 km² e cunha lagoa relativamente profunda de 61 km². Atópase a 121 km ao oeste do atol de Mururoa, o máis próximo, e pertence á comuna de Tureia.

En 2002, o atol estaba habitado por unhas cincuenta persoas, na súa maioría na vila de Tuihana.

Historia

editar

Foi descuberto polo inglés William Bligh en 1792, na súa segunda viaxe logo de sufrir o amotinamento do Bounty, e chamouno Lagoon Island. Tamén foi chamado Bligh's Lagoon para diferencialo de Cook's Lagoon (Vahitahi).

Tematangi está xusto nas antípodas da Meca. Isto significa que a dirección correcta da oración musulmá (qibla) varía enormemente entre Tematangi e as súas illas veciñas.