Atlético Melide
O Atlético Melide foi un club de fútbol galego de Melide. Tivo un equipo feminino de deportistas pioneiro en Galicia no ano 1973.
Atlético Melide | ||
---|---|---|
Nome | Atlético Melide | |
Estadio | "O Marco" de Martagona, Melide | |
Liga | Terceira Galicia | |
Terceira Galicia | 13º Terceira Galicia 2016/17 | |
| ||
Historia
editarFundado no ano 1973 sofre de longas tempadas dado de baixa. Retorna de xeito estábel no ano 2007 para a competición da Compostela CUP de fútbol base. Xoga do 2012 ao 2014 en Terceira Autonómica de Galicia , no 2015 en Segunda Autonómica de Galicia e en 2016 en Terceira Galicia. Liga final antes de ser substituído polo CF Cire Melide [1]
Equipo Feminino
editarCreado canda o equipo masculino en 1973. Con catorce deportistas e dous adestradores . Chus Pazo Blanco, Laura Casal Vázquez, Marga Pampín Rúa, Saladina Varela Blanco, Tonucha Pampín Rúa, Malena Casal Vázquez, Cora Núñez López, Amparo Soto Agra, Ángeles González Mejuto, Camany Núñez López, María Carmen Mosteiro López, Sabela Fondevila Reboredo, Manola Noguerol Parrado e Mercedes González Mejuto. Adestradores Fernando Núñez Lago e José María Santín.
Xogan os seus primeiros partidos contra o Arzúa e o Curtis en contra da prohibición federativa, naquel ano activa, sobre que as mulleres puidesen xogar en campos oficiais.
Despois de décadas desaparecido, o Atlético Melide feminino volveu aparecer e tivo equipo dende 2010 e durante varias tempadas.[2]
Notas
editar- ↑ "Refundan el primer equipo del Club Atlético Melide". El Correo Gallego. 16 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2023. Consultado o 20 de decembro de 2023.
- ↑ Broz Rei, Xose Manuel; Coi Vazquez, Socorro (2023). Centro de Estudios Melidenses. Museo da Terra de Melide.